A crise financeira, transformada rapidamente en crise económica, social e política, aviveceu a crítica da desigualdade económica e a denuncia dunha pequena minoría de empresarios e políticos que goberna a sociedade ao servizo dos seus intereses, unha casta enfrontada á maioría social. É posíbel comprender a sociedade ignorando os conceptos de poder, xerarquía e clase social? Existe, aínda, a loita de clases? Quén leva a iniciativa, a minoría poderosa ou a maioría subalterna?. Este texto describe as clases sociais tal como se configuran na primeira década do século XXI. Unha nova clase, a clase corporativa internacional, desenvolve, desde hai 40 anos, unha organizada, intelixente e teimuda ofensiva para aumentar a súa riqueza e poder e eliminar as conquistas históricas das clases traballadoras, da gran maioría social. O resultado desta ofensiva é un enorme aumento da desigualdade na distribución da renda e a riqueza e un extraordinario ascenso da concentración do poder económico e político, paralelo ao aumento da pobreza, a exclusión social e a precariedade. Un percorrido desde o cume do poder económico e político até as vidas precarias de millóns de traballadoras e traballadores.
Ficha técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484873099
Idioma: Gallego
Número de páginas: 214
Tiempo de lectura:
5h 3m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/03/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 326
Peso: 1.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre ALEN DA CASTA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!