Se es amigo das herbas, dos debuxos, se che gusta o estilo de vida saudable, coidarte de maneira natural, se estás preocupado polo medio natural e pola redución dos plásticos, se che encanta o DIY, e vives tanto nunha contorna rural como nunha urbana? este libro é para ti. Desfrutarás das historias que xiran ao redor destas 7 herbas máxicas, 7 panaceas do mundo vexetal: a melisa, a herba luísa, o romeu, o sabugueiro, o ourego, a salvia e o áloe vera. Poderaste achegar ás súas propiedades e usos máis estendidos. E sobre todo, á súa aplicación práctica moi fácil. Poderás descubrir por ti mesmo todo o potencial que as plantas gardan para ti. Este é un libro apetecible, agradable de ver e de ler e, asemade, moi útil. Ademais de numerosos trucos herbais, levarás cinco preparados moi doados. Se tiñas dúbidas sobre como iniciarte no uso das plantas que te rodean para o teu coidado, acabas de coller o libro perfecto para empezar. Entraranche as ganas de ir creando o teu propio balcón ou xardín de herbas para o teu benestar e de realizar os teus propios remedios naturais ideais para o estilo de vida de hoxe en día. É unha obra que nace da conxunción do amor pola ilustración, pola arte de Nanda, e do amor polas plantas medicinais de Rosalía. Agardamos que sexa do teu proveito.
Ficha técnica
Ilustrador: Nanda Cabaleiro
Editorial: Hércules
ISBN: 9788418966170
Idioma: Gallego
Número de páginas: 140
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 22/11/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: A Coruña
Alto: 16.5 cm
Ancho: 24.0 cm
Peso: 300.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre 7 HERBAS MAXICAS
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!