📗 Libro en gallego A ESTRELA DOS POLISONS

Edicións Xerais - 9788497820394

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A ESTRELA DOS POLISONS

Recaredo Rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia a Amaro Mengoti, un rapaz de trece anos de familia acomodada que naufragou na gamela Barandoñas cando saíu a pescar ao facho con Minguiños, o seu amigo de Beluxo. Amaro aprenderá deste fareiro astrónomo e panteísta, de espírito robinsoniano e tocado polo mal da melancolía, a identificar no firmamento Liberia, a estrela que guiará coma un calabrote invisible a sorte deste rapaz. Recaredo e Amaro, tecidos polas puntadas que a amizade dá no corazón, unirán as súas vidas ao mar; fuxidos da policía e polisóns no cargueiro "La Negrita" en rota cara Guinea, compartirán con pilotos e mariñeiros, personalidades esculpidas en mármore, os perigos do mar, un magma en permanente facerse e desfacerse que está a marxe da carreira da vida e da existencia. "A estrela dos polisóns", a volta narrativa de Luís Rei Núñez, despois de "Expediente Artieda", Premio Xerais de novela 2000, é unha novela de iniciación e memoria que reconstrúe con fidelidade e emoción un ano de vida dun rapaz no seu salto á adolescencia, toda unha aprendizaxe do desencanto.Unha grande historia de amizade, mar e aventuras que a converten nunha novela das de sempre.Recaredo Rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia a Amaro Mengoti, un rapaz de trece anos de familia acomodada que naufragou na gamela Barandoñas cando saíu a pescar ao facho con Minguiños, o seu amigo de Beluxo. Amaro aprenderá deste fareiro astrónomo e panteísta, de espírito robinsoniano e tocado polo mal da melancolía, a identificar no firmamento Liberia, a estrela que guiará coma un calabrote invisible a sorte deste rapaz. Recaredo e Amaro, tecidos polas puntadas que a amizade dá no corazón, unirán as súas vidas ao mar; fuxidos da policía e polisóns no cargueiro "La Negrita" en rota cara Guinea, compartirán con pilotos e mariñeiros, personalidades esculpidas en mármore, os perigos do mar, un magma en permanente facerse e desfacerse que está a marxe da carreira da vida e da existencia. "A estrela dos polisóns", a volta narrativa de Luís Rei Núñez, despois de "Expediente Artieda", Premio Xerais de novela 2000, é unha novela de iniciación e memoria que reconstrúe con fidelidade e emoción un ano de vida dun rapaz no seu salto á adolescencia, toda unha aprendizaxe do desencanto.Unha grande historia de amizade, mar e aventuras que a converten nunha novela das de sempre.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497820394

Idioma: Gallego

Número de páginas: 264
Tiempo de lectura:
6h 15m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/11/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 400.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Luís Rei Núñez


Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) ten toda a súa obra narrativa publicada en Xerais: «Expediente Artieda» (Premio Xerais de Novela, 2000), «A estrela dos polisóns» (2003), «Toda a vida» (2005), «O señor Lugrís e a negra sombra» (Premio da Crítica Española e Premio Irmandade do Libro, 2007), «Monte Louro» (Premio Blanco Amor, 2009), «Cita en Fisterra» (2011), «Días que non foron» (2013), «O encargo do señor Castelao» (2016) e «Matarán a Reboiras» (2022). En Xerais apareceu tamén a biografía «Rafael Dieste. O libre pensamento» (2019). Como poeta é autor de «A rolda invisible» (1988), «A casa na brétema» (1994), «Alma mareira» (2003), «Estrela do norte» (Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, 2014) e «As sílabas do mundo» (2021). Tamén é autor do volume de entrevistas «Oficio de escribir» (1990) e da colección de ensaios «Poetas Andantes Navegantes» (1995). Fotografía do autor: ©Alba Sotelo
Descubre más sobre Luís Rei Núñez
Recibe novedades de Luís Rei Núñez directamente en tu email

Opiniones sobre A ESTRELA DOS POLISONS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana