📗 Libro en gallego A VERDADE NOS ESPELLOS

PABLO RUBEN EYRE

SOTELO BLANCO EDICIONS- 9788478246489

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A VERDADE NOS ESPELLOS

Eyré consegue, neste libro de relatos, presentarnos un arquipélago de proxeccións dos temas fundamentais da literatura galega. A variedade temática é extensa nestes vinte e sete contos, pero todos teñen un elemento común: a visión multipolar que o espello, real ou imaxinario, sempre matiza co seu reflexo teimudo e testán.

Na tradición literaria, os espellos sempre foron obxectos que redimensionan a realidade dun xeito que ningún outro recurso é quen de conseguir. Se Carroll nos descubriu un mundo «marabilloso» detrás dun, Eyré consegue, neste libro de relatos, presentarnos un arquipélago de proxeccións dos temas fundamentais da literatura galega. Por exemplo, o da morte que revive nunha fantasmagoría nesa especie de inframundo lovecraftiano que tanto nos apaixona nestas latitudes; tamén o do uso, ou máis ben o abuso, do poder e da forza nas relacións humanas que se plasma na fraxilidade da vida que o autor tracexa con mestría na alegoría das almas en pena, que nin viven nin morren e que legan a certeza maciza e densa da incerteza vital; e tamén o humor, sempre acedo, que fai caricatura dos personaxes dos que queremos, mesmo precisamos, rir nalgún momento, porque na vida real apenas si poderiamos saudalos… A variedade temática é extensa nestes vinte e sete contos, pero todos teñen un elemento común: a visión multipolar que o espello, real ou imaxinario, sempre matiza co seu reflexo teimudo e testán.

Este libro de relatos é un exemplo excepcional da tradición contista galega, pois ofrece unha variedade argumental e unha calidade estilística que sen dúbida ningunha mereceron o Premio Risco de Creación Literaria de 2015. Salienta a construción dos ritmos discursivos, que transmite con moita efectividade os ambientes e atmosferas para desenlazalos sempre de xeito sorprendente, así como unha riqueza léxica que lle achega á obra un universo narrativo propio.

Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478246489

Idioma: Gallego

Número de páginas: 210
Tiempo de lectura:
4h 57m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/08/2015

Año de edición: 2015

Plaza de edición: Santiago de Compostela

Especificaciones del producto



Opiniones sobre A VERDADE NOS ESPELLOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana