A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha economía boiante baseada na pesca e no comercio local e internacional, até que no ano 1617 sufriu o ataque dunha frota de piratas berberiscos que cambiou a súa historia. Reunións de bruxas en lascivos aquelarres nas praias, delacións entre veciños ou abusos de poder, alimentaban sermóns moralizantes dende os púlpitos e ansias xusticeiras en boa parte da sociedade. María Soliño, ou Soliña, converteuse nunha personaxe lendaria para a sociedade galega, difuminada polo paso do tempo e cantada polo gran poeta Celso Emilio Ferreiro.A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha economía boiante baseada na pesca e no comercio local e internacional, até que no ano 1617 sufriu o ataque dunha frota de piratas berberiscos que cambiou a súa historia. Reunións de bruxas en lascivos aquelarres nas praias, delacións entre veciños ou abusos de poder, alimentaban sermóns moralizantes dende os púlpitos e ansias xusticeiras en boa parte da sociedade. María Soliño, ou Soliña, converteuse nunha personaxe lendaria para a sociedade galega, difuminada polo paso do tempo e cantada polo gran poeta Celso Emilio Ferreiro.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499146362
Idioma: Gallego
Número de páginas: 400
Tiempo de lectura:
9h 32m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 21/03/2014
Año de edición: 2014
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Número: 351
Alto: 22.2 cm
Ancho: 14.8 cm
Grueso: 3.0 cm
Peso: 590.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Pemón Bouzas
Pemón Bouzas (Santiago de Compostela, 1957) desenvolve o seu labor profesional na TVG, onde leva presentado e dirixido numerosos programas e documentais. Traballou en radio e colaborou en xornais e revistas. En 2013 gañou o LX Premio Ateneo Ciudad de Valladolid coa novela «A voz do vento» (Xerais, 2014). Con anterioridade publicou o libro de viaxes «Novos pasos por Bretaña» (Xerais, 2014), as novelas «El informe Manila» (2005) e «Las luces del Norte» (2008), así como o conto de Nadal «A estrela de oriente» (Xerais, 2012). Escribiu ademais os libros «100 cosas que hacer en Galicia» (2010) e, xunto con X. A. Domelo, «Mitos, ritos y leyendas de Galicia» (2000) e «Santiago de Compostela, y después de abrazar al Santo ¿qué?» (2004). «Cando os lobos escoitaban a radio» (Xerais, 2022) é a súa última novela na colección Narrativa de Xerais.