📗 Libro en gallego A-Z

XERAIS - 9788497820080

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A-Z

?A-Z? de Xesús Fraga é un xeito de guía sentimental de Londres, escrita dende o punto de vista dun fillo dos emigrantes de Untia, un libro protagonizado por londinienses, sexan accidentais ou vocacionais. Un monllo de relatos, de grande unidade temática, que constitúen ?faragullas de lembranzas?, memoria vivificada do traballo dos emigrantes galegos que hai trinta e cinco anos viaxaron a capital británica. Para Xesús Fraga ?Londres é unha gran aldea formada por outras máis cativas, non necesariamente coincidentes xeograficamente sobre o plano dun A-Z, na que os galegos son unha máis das moitas tribos que viven ó norte e ó sur do Témese. É unha aldea na que un galego comparte a cociña dun hospital con portugueses e polacos, os veciños da escaleira son colombianos e o home que vive coa amiga da mesma vila e coa que empezou a emigración é paquistaní ou exipcio?.Así por este fermoso libro pasan os emigrantes que cada tarde de domingo len o seu país nas árbores dos xardíns de Kensington ou comproban o anuncio da primavera na presencia dos estalotes, alí ?luvas do raposo?, ou nas festas do globo de papel que organizan ás beiras do Lago de Serpentine. Un libro que desenvolve historias ou acontecementos vividos ou imaxinados sobre o plano, ese A-Z indispensable para guiarse nunha cidade de sete millóns de habitantes. Historias como as de Faustino Caínzos, un emigrante accidental, un carterista que debeu fuxir de Untia por mor dunha vella beata que o descubriu na romaría de San Xoán de Rosa. Traballadras como América que limpa na casa de Sean Connery e que foi a única muller no mundo que lle negou un café ao propio James Bond. Estudiantes que na súa estadía londiniense aprenden a historia do graffiti ou emigrantes maiores que acoden aos locais de apostas a pendurarse do fío do seu futuro.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497820080

Idioma: Gallego

Número de páginas: 179
Tiempo de lectura:
4h 12m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 24/07/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Xesús Fraga


Xesús Fraga

Xesús Fraga (Londres, 1971) es periodista, escritor y traductor. Aunque nacido en Inglaterra, creció en Galicia. Cursó en Salamanca sus estudios superiores de Ciencias de la Información (1991-1996) y Filología Inglesa (1993-1995) y, posteriormente, inició un grado de Antropología Social y Cultural (2013). Forma parte de la plantilla de La Voz de Galicia desde hace casi tres décadas, aunque también ha trabajado en otros medios audiovisuales, como Radio Voz Lugo y la Televisión de Galicia. Paralelamente también ha traducido del inglés al gallego y al español a autores como Vladimir Nabokov, Sylvia Plath, George Orwell, Robert Macfarlane o Roald Dahl. Entre sus obras de ficción, además de obras de literatura infantil y juvenil, se cuenta Virtudes (e misterios), galardonada con el Premio Nacional de Narrativa 2021.

Descubre más sobre Xesús Fraga
Recibe novedades de Xesús Fraga directamente en tu email

Opiniones sobre A-Z


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana