📗 Libro en gallego AQUEL NENO

EDICIONS EMBORA - 9788492644629

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de AQUEL NENO

"Aquel neno" leva dentro o neno que foi Xose Neira Vilas. Sabe o autor que o seu carácter, o seu xeito de ser ven de aquel neno, do ámbito familiar e social que lle cadrou en sorte, e dos primeiros pasos que o seguiron; e que a súa vida de adulto e, queira ou non, a suma de traballos, friaxes, medos, fames e carencias da vida dun neno pobre dunha aldea galega dos anos 30 e 40 do seculo que se nos foi, como se foi o cativo, caneando polo camiño do tempo. Pero este neno do libro e tamen todos os nenos e nenas veciños seus, e os de centos de parroquias dos arredores, e os de toda Galicia, e máis alá de Galicia. Son milleiros, pois "Aquel neno" non e só unha memoria persoal. Como dicía o poeta Jose Hierro: “Cando falo de min estou falando tamen dos demais”.

Ficha técnica


Editorial: Edicions Embora

ISBN: 9788492644629

Idioma: Gallego

Número de páginas: 180
Tiempo de lectura:
4h 13m

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 20/03/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Ferrol
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Neira Vilas


Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...
Descubre más sobre Xosé Neira Vilas
Recibe novedades de Xosé Neira Vilas directamente en tu email

Opiniones sobre AQUEL NENO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana