AVELLENTAMENTO DEMOGRAFICO E CONSECUENCIAS SOCIOECONOMICAS

XERAIS - 9788483024997

Sociología Sociología de España

Sinopsis de AVELLENTAMENTO DEMOGRAFICO E CONSECUENCIAS SOCIOECONOMICAS

O avellentamento demográfico paira sobre boa parte das sociedades occidentais pero ten un dos seus expoñentes máis agudos en Galicia. Este libro reune traballos de autores de formación e procedencia diversa que contribúen a explicar non só a xénese da cuestión senón tamén o que nos deparará o porvir e sobre todo as consecuencias nalgúns ámbitos escollidos: o mercado de traballo, cunha especial referencia ao agrario; os gastos públicos de carácter social, cunha atención particular ao subsistema sanitario; e a dinámica territorial. O grao de avellentamento aumentará, o número absolutode persoas maiores crecerá de xeito considerable, as desigualdades na ocupación do territorio medrarán, minguará o número de ocupados na agricultura, as tensións no mercado de traballo poden agudizarse, a presión sobre o gasto público en sanidade ou pensión farase máis forte. Con todo, lonxe de interpretacións catastrofistas, aparecen tamén novas oportunidades así como mecanismos de compensación que poden atenuar ou mesmo inverter esas características.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483024997

Número de páginas: 317

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/05/2001

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Xoaquín Fernández Leiceaga


Xoaquín Fernández Leiceaga. Nado en Noia en 1961. Casado, con dous fillos. Profesor universitario de Economía na Universidade de Santiago. Investigador en economía rexional e federalismo fiscal. Autor de varios ensaios sobre economía e política en Galicia. Foi tenente de alcalde en Noia e Santiago e deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG.
Descubre más sobre Xoaquín Fernández Leiceaga
Recibe novedades de Xoaquín Fernández Leiceaga directamente en tu email

Opiniones sobre AVELLENTAMENTO DEMOGRAFICO E CONSECUENCIAS SOCIOECONOMICAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana