📗 Libro en gallego BARROTES DOURADOS

XERAIS- 9788497825993

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de BARROTES DOURADOS

A vida de Alexandre atópase nunha canella de difícil saída. Carolina, a súa moza, morreu nun accidente de moto. Dende entón, para el xa nada ten sentido. Nestas circunstancias coñece a Nuria, unha rapaza que pertence a unha asociación de amigos de Exipto. O contacto con esta xente abre a Alexandre as portas a un mundo novo, mais tamén fai que se adentre nunha rede esotérica onde a súa propia vida pode estar en perigo. Do mesmo xeito que O inferno de Marta, esta novela de Pasqual Alapont compleméntase cun interesante texto divulgativo. O xornalista Pepe Rodríguez, especialista no mundo das seitas, amósanos no epílogo (“Seitas: Un camiño fácil a ningunha parte”) os mecanismos internos que se agachan detrás dunha seita destrutiva. Unha obra que combina con acerto unha novela conmovedora e un estudo útil sobre este problema que pode afectar a algúns mozos e mozas.

Ficha técnica


Traductor: Ignacio Chao

Editorial: Xerais

ISBN: 9788497825993

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 07/06/2007

Año de edición: 2007

Plaza de edición: Es
Peso: 196.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Pasqual Alapont


Pasqual Alapont Ramon (Catarroja, 1963) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Valencia. Escritor, editor, guionista, actor e director de escena, ten publicado numerosos libros en catalán: “Mitjacua i la sargantana del mar”, Premi Enric Valor de Literatura Infantil 1984, escrito colaboración con Antoni Torregrossa; “¡No sigues bajoca” (1986), narrativa infantil; “¡Estàs com una moto!” (1988), narrativa infantil; “¡Me'n vaig de casa!” (1993), narrativa infantil; “Pipistrellus pipistrellus, set dies en la vida d’un quiròpter”, (1994), narrativa infantil; “Quin sidral de campament!”, (1996), novela xuvenil; “Els viatges de Marco Polo” (1996), teatro infantil; “Alícia”, (1997), teatro infantil; “Això era i no era”, (1998) teatro infantil; “Beatrius”, (1997)teatro; “Currículum”, (1998), teatro; “Ara sí que t’has refredat!”, (1998), narrativa infantil; “Menjaré bollyc@os per tu”, Premio Bancaixa de Narrativa Xuvenil 1999; “Tres tristos traumes”, (2000), teatro; “Un estiu sense franceses”, (2000) novela xuvenil; “El circ de la fosca, en Umbracles”, (2001), teatro; “L’ovella negra”, Premio EDEBÉ de literatura xuvenil 2001, Premi Serra d’Or de la Crítica, Seleccionada pola The White Ravens de la Internationale Jugend Bibliothek e traducida para o galego como “A ovella negra” (2002); “Tota d’un glop”, Premi Joanot Martorell 2002, novela xuvenil; “L’infern de Marta” (2003), novela xuvenil traducida para o galego como “O inferno de Marta” (Xerais 2004) e “Barrots daurats” (2005), novela xuvenil traducida para o galego como “Barrotes dourados” (Xerais 2007).
Descubre más sobre Pasqual Alapont
Recibe novedades de Pasqual Alapont directamente en tu email

Opiniones sobre BARROTES DOURADOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana