Este é un libro para xogar. Aquí, as historias non están escritas, están agochadas e agardan por ti. Cada páxina é un mundo distinto: a neve, a estrada, a festa, o mar... E as letras e palabras xogan ás escondidas. Atoparalas todas? Aprende ortografía mentres buscas e encontras. Un libro divertido, visual e cheo de sorpresas.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411107846
Idioma: Gallego
Número de páginas: 88
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/03/2026
Año de edición: 2026
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Primeiros lectores
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - Primeiros lectores
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 149.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Olaia Sendón
Olaia Sendón (Ourense, 1978) é escritora e docente. Licenciada en Comunicación Audiovisual pola UAB e profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña, publicou en galego álbums ilustrados e novelas de diversos xéneros. Entre os seus álbums ilustrados figuran A crebeira Marabillas (2021), A fotógrafa perpetua (2023) e O pirata Bruno (2025). É tamén autora das novelas Nave (2024), A casa grande (2025) e Alén e o dragón, II Premio Jaime Olmedo Limeses de novela infantil, que será publicada en 2026. Ademais da literatura, desenvolveu proxectos de documental e videocreación no ámbito audiovisual.