📗 Libro en gallego CONCIENCIA POLITICA E LITERATURA GALEGA EN MADRID (1950-2000)

Edicións Xerais - 9788499146294

Estudios lingüísticos Estudios y ensayos

Sinopsis de CONCIENCIA POLITICA E LITERATURA GALEGA EN MADRID (1950-2000)

Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) analiza a «historia vivida» da literatura galega en Madrid, ao tempo que reconstrúe os quereres e mais os faceres dos grupos de madrigalegos que foron quen de conformar, nunhas circunstancias de opresión política e cultural, unha conciencia político-lingüística e un discurso literario galegos en Madrid nos últimos cincuenta anos do século XX. Con este marco de referencia, Ana Acuña establece cinco etapas, cinco tramos cronolóxicos a través dos cales se moven os principais grupos xunto con outros menos cohesionados e menos disidentes: 1952-1954 (Mocedade Universitaria Castelao), 1958-1961 (Brais Pinto), 1965-1969 (Seminario de Cultura Galega do Club de Amigos da Unesco de Madrid), 1974-1986 (Lóstrego, Irmandade Galega, Irmandade Galega-Lóstrego) e 1996-2000 (Grupo Bilbao). Na obra, onde aparecen as voces de 54 protagonistas destes grupos, recollidas con exquisita metodoloxía e presentadas con rigor e fluidez pola autora, amósase de que xeito os madrigalegos crearon unha serie de rexistros necesarios para a reconstrución do sistema literario galego e para o devir histórico de Galicia.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499146294

Idioma: Gallego

Número de páginas: 360
Tiempo de lectura:
8h 34m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/02/2014

Año de edición: 2014

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria

Número: 141
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.6 cm
Peso: 537.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Ana Acuña


Ana Acuña
Ana Acuña (Marín, 1971), doutora en Filoloxía Galega e profesora na Universidade de Vigo, é autora de traballos sobre lingua e literatura, particularmente galega. Foi secretaria de Madrygal. Revista de Estudios Gallegos e integra o seu consello de redacción, pertence ao comité editorial da Revista de Investigación en Educación e ao consello asesor de Culturas Populares. Revista Electrónica. A maioría das súas investigacións (centradas no exilio e na emigración, nas relacións entre a fraseoloxía e a literatura popular, na literatura popular de transmisión oral, na oratura, no feito literario alofónico e nos escritores pontevedreses ou vinculados á cidade de Pontevedra) encóntranse en publicacións periódicas e en volumes colectivos. Entre as súas monografías destacan os ensaios Xoán Vidal. Voz e memoria (2005), Dicionario Xosé María Álvarez Blázquez (2008), Roteiro Xoán Manuel Pintos (en coautoría, 2011) e as edicións Pontevedra literaria (en coedición, 2007), Os poetas galegos (1936): antoloxía consultada de Xosé Filgueira Valverde (en coedición, 2008), Poesía completa de Lois Pereiro (Xerais, 2011) e Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000) (Xerais, 2014). Participou, como investigadora externa, no proxecto poesiagalega.org e, na actualidade, no proxecto «Ex-sistere. A mobilidade das mulleres na literatura galega e irlandesa contemporánea».
Descubre más sobre Ana Acuña
Recibe novedades de Ana Acuña directamente en tu email

Opiniones sobre CONCIENCIA POLITICA E LITERATURA GALEGA EN MADRID (1950-2000)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana