📗 Libro en gallego CRIME EN COMPOSTELA (PREMIO XERAIS DE NOVELA 1984) (14ª ED.)

Edicións Xerais - 9788497822299

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CRIME EN COMPOSTELA (PREMIO XERAIS DE NOVELA 1984) (14ª ED.)

Crime en Compostela, galardonada co 1 Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vencelladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir.Reigosa inaugurou con Crime en Compostela a narrativa policíaca galega, un xénero que se convertiría «nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico» (Manuel Rodríguez Alonso). A obra vense reeditando desde 1984.Crime en Compostela, galardonada co 1 Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vencelladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir.Reigosa inaugurou con Crime en Compostela a narrativa policíaca galega, un xénero que se convertiría «nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico» (Manuel Rodríguez Alonso). A obra vense reeditando desde 1984.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497822299

Idioma: Gallego

Número de páginas: 248
Tiempo de lectura:
5h 52m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/02/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.7 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 379.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Carlos G. Reigosa


Carlos G. Reigosa (Carlos González Reigosa) (Pastoriza, 1948). Licenciado en Ciencias da Información e Ciencias Políticas. Xornalista. Desde 1997 é director de Publicacións Análise e estilo da Axencia EFE. Autor de numerosos artigos sobre crítica teatral, literaria e política internacional, publicados en revistas e xornais españois e americanos. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: Oxford, amén (1982), novela; Homes de tras da Corda (Xerais 1982, 2000), relatos; Conversas de Carlos G. Reigosa con Gonzalo Torrente Ballester (1983); Crime en Compostela (Xerais 1984), Premio Xerais de novela; As pucharcas da lembranza (Xerais 1985), relatos; Irmán Rei Artur (Xerais 1986, 2000), relatos; O misterio do barco perdido (Xerais 1988), novela; «Matinacións zafanarias» en Contos eróticos / eles (Xerais 1990); Os outros disparos de Billy (Xerais 1991); «A súpeta despedida de Ramón Beiro» (1992), relato publicado nos Contos do Castromil; A guerra do tabaco (Xerais 1996), novela; Narcos (Xerais 2000), novela, Premio Benito Soto 2001; e Intramundi (Xerais 2002), novela. Ademais publicou varios libros de investigación e ensaio xornalístico, entre eles, Fuxidos de sona (Xerais 1989), documento xornalístico; La agonía del león (Alianza Editorial 1995), Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura testemuñal en 1996; e Doutor Livingstone, supoño (Xerais 1998), ensaios.
Descubre más sobre Carlos G. Reigosa
Recibe novedades de Carlos G. Reigosa directamente en tu email

Opiniones sobre CRIME EN COMPOSTELA (PREMIO XERAIS DE NOVELA 1984) (14ª ED.)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana