CARLOS PARRADO
A NOSA TERRA- 9788483413081
Houbo un home que Franco endexamais cazou. Ramón Varela, de alcume O Curuxás, foi dos que non se rendeu aos militares que aplicaron o terror no 36. Fuxiu en armas ao monte para evitar unha morte segura e, posteriormente, converterase nun membro máis da Guerrilla que lle fixo fronte á Ditadura. Anos en loita e clandestinidade nos que forxou unha lenda que aínda pervive nas terras do interior de Galicia. As forzas policiais franquistas nunca puideron prendelo e, cando o presumían no exilio, unha nova sacode os seus cuarteis. O Curuxás, coa súa roupa guerrilleira, arma e correaxe, apareceu morto e o seu enterro custeouno a veciñanza. Xa era o ano 1967. Trinta e un anos, pois, sen ser capturado por Franco.
Especificaciones del producto
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!