📗 Libro en gallego DIARIO DO IMPOSTOR

Edicións Xerais - 9788497825399

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de DIARIO DO IMPOSTOR

Onofre García é un rapaz que se resiste a deixar de ser adolescente. Traballa nunha empresa de informática e un día, intentando impresionar a unha moza, asegura que é director de cine. O incidente provoca un cambio radical na súa vida, porque a moza resulta ser produtora cinematográfica e Onofre recibe unha oferta para dirixir unha película. Sen pensalo dúas veces, acepta e comeza a vivir como un impostor, tratando de aprender, en directo, os segredos da pantalla. Para saír airoso vese obrigado a disimular e enfrontarse a produtores, guionistas, axudantes de fotografía, actores, montadores, músicos, etc. Diario do impostor é unha novela trepidante que oscila entre a intriga e a comicidade, e ofrece un repaso do mundo do cine e a gravación dunha película desde os ollos dun neófito que aprende, a golpes, as leccións máis importantes.Onofre García é un rapaz que se resiste a deixar de ser adolescente. Traballa nunha empresa de informática e un día, intentando impresionar a unha moza, asegura que é director de cine. O incidente provoca un cambio radical na súa vida, porque a moza resulta ser produtora cinematográfica e Onofre recibe unha oferta para dirixir unha película. Sen pensalo dúas veces, acepta e comeza a vivir como un impostor, tratando de aprender, en directo, os segredos da pantalla. Para saír airoso vese obrigado a disimular e enfrontarse a produtores, guionistas, axudantes de fotografía, actores, montadores, músicos, etc. Diario do impostor é unha novela trepidante que oscila entre a intriga e a comicidade, e ofrece un repaso do mundo do cine e a gravación dunha película desde os ollos dun neófito que aprende, a golpes, as leccións máis importantes.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497825399

Idioma: Gallego

Número de páginas: 392
Tiempo de lectura:
9h 21m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/03/2007

Año de edición: 2007

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.1 cm
Ancho: 14.8 cm
Grueso: 2.9 cm
Peso: 578.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Héctor Carré


Héctor Carré (A Coruña, 1960) é director de cine e escritor. Publicou as novelas «Diario do impostor» (Xerais, 2007) e «Hai que matalos a todos» (Xerais, 2015) e gañou o Premio Jules Verne coa novela «Febre» (Xerais, 2011), que tamén foi recoñecida como Mellor libro xuvenil do ano polos lectores/as de Fervenzas Literarias. Así mesmo, obtivo o Premio Internacional de Teatro para Autores Noveles Agustín González pola súa obra «Las palabras grandes». Iniciouse en Madrid en 1981 na arte cinematográfica, tras obter o título de director de fotografía no Taller de Artes Imaginarias (TAI). Deseguido, comezou a traballar como axudante de dirección cos mellores directores españois (entre os que destacan P. Olea, M. Camus, J. Chávarri) e internacionais (Terry Guilliam e Steven Spielberg). Tras escribir e dirixir curtametraxes, escribe e dirixe «Dáme lume» (1995), premio Goya ao Mellor director novel; «Dáme algo» (1998), Mellor director e mellor actor no Festival Internacional do Porto; e «A promesa» (2004), galardoada con diversos premios. Desde 2001 volve residir na Coruña onde tamén traballa en publicidade e como guionista para a Televisión de Galicia («Libro de familia» e «Matalobos») e para o cine, ademais de seguir dirixindo películas como «Personal Movie» (2011) ou as longametraxes documentais «Post Truth Times» (2017) e «Clown's Planet» (2021). O libro de relatos «Medos» (Xerais, 2021) é a súa obra máis recente na colección Narrativa.
Descubre más sobre Héctor Carré
Recibe novedades de Héctor Carré directamente en tu email

Opiniones sobre DIARIO DO IMPOSTOR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana