A autora, da man de Castelao, viaxa a través das letras desde Arxentina ata Galicia? Galiza, como el adoitaba chamarlle e onde elixiu descansar para sempre. Como peregrinos, imos reparando devagar nos obxectos, persoas, animais, profesións, sentimentos, interrogantes, valores, pinceladas, espazos? cos que Castelao foi tecendo a súa obra literaria, artística e de compromiso coa terra. Concha Blanco consegue converter este libro nun atraente escaparate que invita os lectores a procurar toda a interesante mercadoría que se garda no seu interior: a vida e a obra de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
Ficha técnica
Ilustrador: Cráneo Manel
Editorial: Everest
ISBN: 9788440311412
Idioma: Gallego
Número de páginas: 60
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 04/02/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Alto: 19.5 cm
Ancho: 12.5 cm
Grueso: 12.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Concha Blanco
Concha Blanco Blanco (A Coruña, 1950) exerceu como profesora de Lingua e Literatura galega en distintos centros. Autora dunha extensa obra dirixida ao público infantil e xuvenil entre as que destacan "Quero que veñan meus pais", Premio Lecturas Galix, 2002 e "¡A min que me importa!", accésit Premio Lazarillo, 1997. En Xerais ten publicado "A aventura das cores" (1998), "As noites de Xián" (2014) e «Eu tamén fun pequeña» (2023).