As terras de Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra proporcionáronlle a Eduardo Pondal un marco físico, salpicado de castros, onde os piñeiros rumorean míticas fazañas dos celtas valorosos e agoiran un futuro prometedor para os galegos. Este abecedario pandaliano propón unha travesía pola estética do poeta do Himno e polo seu universo máxico poboado de lugares e personaxes: Anllóns, Nemiña, Niñóns, Verdes, Mazaricos, Rouriz, Gundar, Margaride...
Ficha técnica
Ilustrador: Cubeiro Suso
Editorial: Everest
ISBN: 9788440311139
Idioma: Gallego
Número de páginas: 60
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 08/05/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Es
Alto: 12.5 cm
Ancho: 19.5 cm
Grueso: 19.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por XOAN BABARRO
Xoán Babarro. Natural de Calvelo de Zorelle, no concello ourensán de Maceda (1947), compaxina o ensino e a investigación coa creación literaria. Doutorouse en Filoloxía cunha tese sobre o galego de Asturias, unha variante lingüística que utiliza en obras de creación como Píllaras. Canciois del Navia. Foi galardoado co Premio Pura e Dora Vázquez de narración (con Palabra era un universo paralelo) e co Premio Arume de poesía (con A princesa de Taramundi), entre outros. Obras súas son Hilario e os tres medos (2017), Sálice e Sándala. Salvados por unha uña negra (2022) e Garabitolas (2023). Nesta nosa colección de Galaxia publicou As máscaras do profesor Robindra (2015), Teño oito anos e quero ser youtuber (2019) e Carliños capitán! (2022), entre outras.