📗 Libro en gallego ECONOMATES

AS MATEMÁTICAS NA ECONOMÍA

CARMEN VAZQUEZ PAMPIN

Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo - 9788411880336

Economía doméstica

Sinopsis de ECONOMATES

Este manual inclúe os contidos das materias de Matemáticas no grao de Economía que actualmente se imparte na Universidade de Vigo, polo que se adapta tamén perfectamente a tódolos graos das ramas da Economía e das CC Empresariais. O material que aquí se recolle correspondese co usado como apoio ás clases teóricas e prácticas, é obvio que este material debe complementarse co desenrolo que do mesmo se realice nas propias clases. Nelas deben facerse apreciacións, comentarios, variacións nos exercicios, ... que poden depender das circunstancias e das valoracións que o profesorado teña do seguimento polo alumnado. Non se trata pois de un manual completo para seguir a materia de xeito autosuficiente. Ofrécese un enfoque da materia adaptado ao contexto económico. Óptase por usar a mesma notación que usan as materias cuantitativas que o alumnado cursará e inclúense tamén exercicios máis enfocados ás aplicacións á economía, sen intención de intromisión nos contidos doutras materias. Obviamente as limitacións de coñecementos esixibles fai que este tipo de exercicios sexan moi sinxelos e non recollen o rigor co que se tratarán noutras materias. Intégranse tamén no propio material, segundo vai sendo necesario, contidos que poderían corresponder a un curso de nivelación. Deste xeito tentamos que o alumno poida reforzar certas destrezas que se lle supoñen dominadas pero que non sempre o son. Coa mesma intención, intercálanse exercicios máis sinxelos dende o punto de vista das operacións con outros máis complexos.

Ficha técnica


Editorial: Servizo de Publicacións Da Universidade de Vigo

ISBN: 9788411880336

Idioma: Gallego

Número de páginas: 104

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/03/2025

Año de edición: 2025

Colección:
Manuais (serie verde)

Serie/Saga: Manuais didácticos


Especificaciones del producto



Opiniones sobre ECONOMATES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana