leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego ERROS E TANATOS

Edicións Xerais - 9788483029930

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ERROS E TANATOS

"Erros e Tánatos" componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentido do humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender."Erros e Tánatos" é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias e acontecementos que se suceden medrando e creando unha grande tensión narrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora os territorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar.Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable. A presente edición, ofrecida en novo formato e aparencia, revisada polo autor e décima dende a súa aparición en 1996, converte a este monllo de relatos de Gonzalo Navaza nun dos clásicos da narrativa galega contemporánea."Erros e Tánatos" componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentido do humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender."Erros e Tánatos" é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias e acontecementos que se suceden medrando e creando unha grande tensión narrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora os territorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar.Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable. A presente edición, ofrecida en novo formato e aparencia, revisada polo autor e décima dende a súa aparición en 1996, converte a este monllo de relatos de Gonzalo Navaza nun dos clásicos da narrativa galega contemporánea.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483029930

Idioma: Gallego

Número de páginas: 128
Tiempo de lectura:
2h 58m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/04/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Número: 121
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 209.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Gonzalo Navaza


Gonzalo Navaza (Lalín, 1957). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Lexicógrafo e especialista en toponimia e antroponimia, coordinou a área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Realizou a edición crítica de «Longa noite de pedra», de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 1990). Ten publicados os poemarios: «Fábrica íntima» (1991), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1989 e Premio da Crítica Española 1992; «A torre da derrota» (Xerais 1992); e «Libra» (2000), Premio Martín Codax 2000. Como tradutor verteu para o galego obras de Jack London, Georges Perec, Robert Graves e Baudelaire. Recibiu o Premio Ramón Cabanillas de tradución literaria (1989) pola súa versión para o galego de «O can dos Baskerville» de Conan Doyle (Xerais 1988). Como narrador publicou «Erros e Tánatos» (Xerais 1996), «Elucidario» (Xerais 1999) e «Santos e defuntos» (Xerais 2001). Para o público infantil, publicou «Fábulas contadas» (Xerais 2020).
Descubre más sobre Gonzalo Navaza
Recibe novedades de Gonzalo Navaza directamente en tu email

Opiniones sobre ERROS E TANATOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana