As fábulas son pequenos relatos de intención moralizante onde personaxes animais encarnan condutas e caracteres humanos e que foron incorporadas á tradición popular desde hai milenios. Neste libro o autor refai en versos rimados algunhas das máis coñecidas dun xeito orixinal e divertido.
Ficha técnica
Ilustrador: Orelí Pello
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491216858
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 08/10/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 10 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 10 anos en diante
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.6 cm
Peso: 112.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Gonzalo Navaza
Gonzalo Navaza (Lalín, 1957). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Lexicógrafo e especialista en toponimia e antroponimia, coordinou a área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Realizou a edición crítica de «Longa noite de pedra», de Celso Emilio Ferreiro (Xerais 1990). Ten publicados os poemarios: «Fábrica íntima» (1991), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1989 e Premio da Crítica Española 1992; «A torre da derrota» (Xerais 1992); e «Libra» (2000), Premio Martín Codax 2000. Como tradutor verteu para o galego obras de Jack London, Georges Perec, Robert Graves e Baudelaire. Recibiu o Premio Ramón Cabanillas de tradución literaria (1989) pola súa versión para o galego de «O can dos Baskerville» de Conan Doyle (Xerais 1988). Como narrador publicou «Erros e Tánatos» (Xerais 1996), «Elucidario» (Xerais 1999) e «Santos e defuntos» (Xerais 2001). Para o público infantil, publicou «Fábulas contadas» (Xerais 2020).