Gurgulliña sabe portarse ben e quere que tamén nós aprendamos a facelo. Un día decide abandonar o manantial que a viu nacer, para se botar a voar polo mundo espaliando os seus consellos en verso. Unha historia tenra e divertida, que nos axudará a lembrar a importancia dos "bos modais" para lograr ser felices e facer felices aos demais.
Ficha técnica
Ilustrador: Nazareth Carla
Editorial: Everest
ISBN: 9788440304490
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Tiempo de lectura:
1h 2m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/05/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 19.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por XOAN BABARRO y Ana María Fernández
Xoán Babarro. Natural de Calvelo de Zorelle, no concello ourensán de Maceda (1947), compaxina o ensino e a investigación coa creación literaria. Doutorouse en Filoloxía cunha tese sobre o galego de Asturias, unha variante lingüística que utiliza en obras de creación como Píllaras. Canciois del Navia. Foi galardoado co Premio Pura e Dora Vázquez de narración (con Palabra era un universo paralelo) e co Premio Arume de poesía (con A princesa de Taramundi), entre outros. Obras súas son Hilario e os tres medos (2017), Sálice e Sándala. Salvados por unha uña negra (2022) e Garabitolas (2023). Nesta nosa colección de Galaxia publicou As máscaras do profesor Robindra (2015), Teño oito anos e quero ser youtuber (2019) e Carliños capitán! (2022), entre outras.
Ana María Fernández Martínez nace en Palma (Illas Baleares) en 1949. Con 18 anos chega á Coruña, onde reside e desenvolve a súa vida laboral e familiar. Mestra e licenciada en Filosofía e Letras, é autora dunha ampla obra relacionada coa literatura infantil e xuvenil que abrangue os campos do teatro, a narrativa e outras obras do ámbito da aprendizaxe da lingua. Especializouse, sobre todo, na poesía, á que dedicou boa parte da produción. En 1977 recibe o premio O Facho de contos por Os amigos do cabaceiro. Máis tarde o seu poemario Amar e outros verbos foi galardoado co Premio Lazarillo (2001). Tamén é coautora, con Xoán Babarro, de varios títulos, entre os que figuran os premios O Barco de Vapor de 1985 (Primeiro libro con Malola) e 1989 (Barrigaverde e o dragón Achís). Outras obras súas en Editorial Galaxia son Marta ten a solución (2007), Versos da tarde laranxa (2016) e Incesante vagalume (2021).