📗 Libro en gallego HISTORIA DE GALICIA: DA VIDA NAS COVAS AS ACAMPADAS NAS PRAZAS

Da vida nas covas ás acampadas nas prazas

Baía Edicións A Coruña. S.L. - 9788499950341

Infantil 7 a 9 años Humanidades

Sinopsis de HISTORIA DE GALICIA: DA VIDA NAS COVAS AS ACAMPADAS NAS PRAZAS

Pepe Carreiro, co humor que o caracteriza, fai un percorrido polos principais fitos da historia do noso pais: Que foi primeiro, o Paleolítico ou o Neolítico? Cando comezaron as primeiras rapas das bestas? Cando se construíron os primeiros castros? Que xeneral mandou as primeiras lexións de romanos ao noroeste peninsular? Foron os vándalos, os visigodos ou os suevos os que chegaron no século V? Quen foi o primeiro rei de Galicia? Onde se asentaron os musulmáns no ano 711? Que nobre galego morreu decapitado en Mondoñedo? De onde lle vén o nome aos Séculos Escuros? De onde viñeron o millo e as patacas? Quen introduciu a industria conserveira? Con que libro comeza o Rexurdimento de Galicia? En que ano se plebiscitou o Estatuto de Autonomía redactado por Bóveda? Que sucedeu no ano 1936 e cales foron as súas consecuencias en Galicia? Como se combateu en Galicia a ditadura? Ten Galicia goberno propio? Cal é a situación actual do país? Preguntas todas que se resolven neste libro de forma didáctica e amena, cunha linguaxe directa e dirixida á procura da súa rápida compresión por parte das galegas e galegos máis pequenos.

Ficha técnica


Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.

ISBN: 9788499950341

Idioma: Gallego

Número de páginas: 92

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/02/2012

Año de edición: 2012

Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Infantil-Xuvenil
Ancho: 17.0 cm
Grueso: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Pepe Carreiro


Publicou debuxos de humor nos seguintes medios: A Voz do Pobo, voceiro do PCG; a tira O fillo de Breogán e co mesmo personaxe fixo O tebeo do pobo; Mundo Obrero e La Codorniz; publicou varias viñetas no semanario Teima e, ao desaparecer este, no diario El Pueblo Gallego a tira " O Galo Camilo " e en Hoja del Lunes de Vigo, unha viñeta política; en Faro de Vigo, no suplemento semanal " A Pizarra " , a tira " Maxistérico " ; en Faro del Lunes, a tira " Canal Privado " ; fundou a revista humorística Can sen dono, da que foi o seu primeiro director; en A Peneira, periódico comarcal, a tira " Robinsón " ; na TVG, no programa A trabe de ouro, a tira " O anano do tesouro " ; no semanario A Nosa Terra, viñetas políticas; en Diario de Galicia, unha viñeta diaria de humor político; foi fundador do semanario satírico XO! a voz que para as bestas; na revista A trabe de ouro, unha viñeta política. Tamén publicou unha viñeta política no diario El Mundo. Creador da serie infantil Os Bolechas (uns 50 títulos publicados en distintas coleccións de A Nosa Terra). Debuxante e guionista da serie de banda deseñada Os Barbanzóns (2 títulos publicados: Baroña ou morte, No solpor da Prehistoria) de Toxosoutos. En marzo do 2005 publica na editorial Fervenza o libro de viñetas de humor Peor que antes, mellor que mañán. No libro de banda deseñada colectivo H2 oil publicou unha páxina sobre o asunto Prestige.
Descubre más sobre Pepe Carreiro
Recibe novedades de Pepe Carreiro directamente en tu email

Opiniones sobre HISTORIA DE GALICIA: DA VIDA NAS COVAS AS ACAMPADAS NAS PRAZAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana