Laia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces. Distinguía a voz do seu pai ordenándolle que fose cara ás illas. Laia, tras comprender que ninguén a podía axudar, lembrou todas cantas aprendizaxes recibira na súa vida e púxoas ó seu servicio. Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seus maiores: "Non te enfrontes ó mar", "déixate levar."Laia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces. Distinguía a voz do seu pai ordenándolle que fose cara ás illas. Laia, tras comprender que ninguén a podía axudar, lembrou todas cantas aprendizaxes recibira na súa vida e púxoas ó seu servicio. Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seus maiores: "Non te enfrontes ó mar", "déixate levar."
Ficha técnica
Ilustrador: Kiko Da Silva
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497822725
Idioma: Gallego
Número de páginas: 168
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/04/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Alto: 19.1 cm
Ancho: 13.6 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 274.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ánxela Loureiro
Ánxela Loureiro Fernández iniciouse no mundo da literatura con obras de teatro infantil, pero cultivou varios xéneros literarios. En narrativa publicou Ota quere voar (Xerais, 2003), co que acadou os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento; Viaxe de ida e volta (Xerais, 1996); Choiva de ras (Xerais, 2018); Laia, a nena da illa (Xerais, 1998) e Camiño perigoso (Xerais, 2002, Xerais, 2021), os dous últimos finalistas do Premio Merlín. É autora tamén de numerosos poemas e cancións reflectidas en libros didácticos e discos e escribiu o guión cinematográfico de Bruxarías, nominada á mellor película de animación nos Premios Platino 2017. Ademais, colaborou na elaboración de libros de texto e material didáctico como Cancións para o ano (Xerais, 1995). Co libro Voces da memoria con ollos de muller (2019) mergúllase no mundo da investigación recuperando os relatos de mulleres que formaron parte da loita antifranquista en Ferrol.