KALANDRAKA EDITORA, S.L. - 9788484646402
Este é o Mago Goma, un mago moi singular; un mago que garda soños nunha caixa de cristal. Ten o nariz de cenoria, dúas orellas fedellas, unha boca tipo foca e dous bigotes por cellas. “Mago Goma” é un conto rimado que describe, por dentro e por fóra, a este divertido personaxe, entrañable e excéntrico á vez. Un mago que, malia que pareza algo tolo, en realidade está de volta do mundo. O único que lle preocupa é facer felices aos nenos e nenas, porque só así é feliz el. E porque, coa súa maxia, Mago Goma pode facer realidade os soños dos lectores e transportalos a un mundo onírico, onde todo é posible.
Especificaciones del producto
Escrito por Toño Núñez
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!
Tapa blanda
Javier Castillo
Temporalmente no disponible