📗 Libro en gallego MANUAL DE LINGUA GALEGA II: TEORIA E PRACTICA. NIVEL SUPERIOR

Edicións Xerais- 9788497821896

Otras lenguas Métodos y material de otras lenguas

Sinopsis de MANUAL DE LINGUA GALEGA II: TEORIA E PRACTICA. NIVEL SUPERIOR

O libro estructúrase en seis apartados: I. Fonética e ortografía; II. Determinantes e outras categorías gramaticais; III. O pronome persoal; IV. O verbo; V. Actividades de corrección; VI.Tests gramaticais e léxicos Os catro primeiros conforman o corpo central da obra e divídense en varias unidades que se abren cunha concisa pero exhaustiva explicación teórica dos contidos tratados en cada unha delas. " Fonética e ortografía " consta de 12 unidades onde se estudian, entre outros aspectos, o vocalismo tónico e átono (diferencia entre vocais tónicas abertas e fechadas, fenómenos antietimolóxicos), a transcrición fonética e fonolóxica (arquifonemas vocálicos e consonánticos), a ortografía e a acentuación. " Determinantes e outras categorías gramaticais " tamén está dividida en 12 unidades nas que se tratan as contraccións con determinantes, o artigo, o xénero e o número, os identificadores e cuantificadores, a interxección e a preposición, ou contidos máis específicos, como as características propias da afirmación e a negación en galego ou o uso da preposición a con complemento directo. O apartado de " O pronome persoal " (8 unidades) ocúpase do uso do dativo e o acusativo, das construccións reflexivas, da colocación do pronome e da contracción da preposición co pronome. " O verbo " é un apartado dividido en 12 unidades, onde se analizan as excepcións á concordancia entre verbo e suxeito, o futuro de subxuntivo, o infinitivo conxugado, o xerundio, o participio, a conxugación verbal, algunhas construccións verbais incorrectas, as perífrases verbais, etc.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497821896

Idioma: Gallego

Número de páginas: 216

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 21/07/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es
Colección:
DIDÁCTICA E OUTROS MATERIAIS EDUCATIVOS - MANUAIS DE LINGUA GALEGA - Cursos de Lingua/Gramática/Ortografía
Alto: 29.7 cm
Ancho: 21.0 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 567.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XOSE ANTON GRANXA GONZALEZ y María Xesús Méndez Álvarez


María Xesús Méndez Álvarez (Lugo, 1969) actualmente é profesora de ensino secundario nun instituto de Ourense, tras exercer durante varios anos a docencia de lingua portuguesa na Escola Oficial de Idiomas desa mesma cidade. Ten realizado diversos traballos de tradución ao galego e ao portugués, e é coautora dos 3 volumes do "Manual de lingua galega. Teoría e práctica" (Xerais 2004), destinados ao ensino do idioma galego no Ciclo Superior das E.O.I., así como da "Ortografía da lingua galega" (Xerais 2004).
Descubre más sobre María Xesús Méndez Álvarez

Opiniones sobre MANUAL DE LINGUA GALEGA II: TEORIA E PRACTICA. NIVEL SUPERIOR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana