Sinopsis de MANUEL MARIA. DIA DAS LETRAS GALEGAS 2016
Este libro tituladoManuel María. Día das Letras Galegas 2016, como corresponde á marca da colección que a Universidade de Santiago de Compostela dedica cada ano á figura designada pola Real Academia Galega para a celebración das Letras Galegas, quere dar profundidade e a maior difusión á obra creativa de Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 1929-A Coruña, 2004), a través da edición facsimilar de dous cadernos e nove debuxos que mostran o traballo artesán dos seus versos, manuscritos, mecanoscritos, encadernacións e debuxos. Con este obxectivo escolleuse, entre o material gardado no arquivo da Fundación Manuel María, na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei, tres conxuntos creativos que, citando segundo a orde da súa entidade literaria e non a cronolóxica, tal como aparecen nesta edición, son os seguintes: o caderno manuscrito autógrafoPoemas da luz resucitada, o caderno mecanoscritoNenia por Aquilino Iglesia Alvariñoe nove debuxos. Ditos orixinais son inéditos na súa forma concreta, no caso dePoemas da luz resucitada, inéditos en libro, no caso dos versos daNenia por Aquilino Iglesia Alvariño, e absolutamente inéditos, no caso dos nove debuxos.
Ficha técnica
Traductor: 0
Editorial: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico Da Usc
ISBN: 9788416533626
Idioma: Gallego
Número de páginas: 125
Tiempo de lectura:
2h 54m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 06/04/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: España
Alto: 17.0 cm
Ancho: 0.2 cm
Peso: 29.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre MANUEL MARIA. DIA DAS LETRAS GALEGAS 2016
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!