NARRATIVA GALEGA: TEMPO DO REXURDIMENTO

XERAIS - 9788475078861

Historia y crítica de la Literatura Literatura española e hispanoamericana

Sinopsis de NARRATIVA GALEGA: TEMPO DO REXURDIMENTO

Este libro, Narrativa galega: Tempo do rexurdimento é o froito dun delongado e teimudo traballo que comezou coa peregrinaxe por tódalas hemerotecas nas que se poden atopar fondos do noso pasado cultural, de Galicia a Madrid, de España a América, de Bos Aires a Nova York. O autor, Modesto Hermida, doutor en Filoloxía Románica e profesor titular da Universidade de Santiago en excedencia, pretendeu poñer no coñecemento de todos a existencia dunha boa cantidade de textos en prosa narrativa galega, producidos e publicados nesa longa etapa histórica que podemos calificar como Tempo de Rexurdimento. Para o profesor Hermida, a realidade da narrativa galega do Tempo do Rexurdimento non é tan escasa como ata o momento se viña considerando; resultando moito máis plural, en canto a subxéneros, motivacións, temas, correntes e estilos, do que tradicionalmente se ten considerado. O autor establece como eixos cronolóxicos do seu estudio o período que abarca desde 1880 a 1916, sinalando que a maior parte da información proporcionada baseouse na persoal investigación hemerográfica do autor sobre diversas revistas e xornais escritas integramente en galego ou naqueloutras que, malia seren bilingües, contan cun marcado signo galeguista. Para Modesto Hermida resulta bastante evidente que os narradores galegos deste período se dirixiron, de maneira máis preferente, ós rexistros realistas e costumistas, anque non escasearon os textos de romanticismo retardado, ou os experimentos fantásticos desde a desviación do modelo real-costumista, como acontece coa novela de Otero Pimentel titulada Campaña de Caprecórneca, ou esa presencia da novela histórica, de breve formato, que o autor exemplifica nos traballos de Manuel Lois Vázquez titulados Alira de Elfe e A reina loba. En definitiva, coa publicación deste libro, que obtivo o Premio Crítica Galicia de Investigación no ano 1996, facilítase un máis amplo coñecemento da historia da literatura galega e ponse en evidencia a existencia dunha narrativa, pouco coñecida cando non descoñecida, que pode ser considerada como primeira manifestación do xénero en lingua galega.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475078861

Número de páginas: 230

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/05/2001

Año de edición: 1995

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Modesto Hermida


Descubre más sobre Modesto Hermida
Recibe novedades de Modesto Hermida directamente en tu email

Opiniones sobre NARRATIVA GALEGA: TEMPO DO REXURDIMENTO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana