leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego NON FALES O QUE NON DEBES

Edicións Xerais - 9788491216797

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de NON FALES O QUE NON DEBES

En Non fales o que non debes, a aparencia ten pouco que ver coa realidade. Xanete, o gato do maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 1 está desconcertado porque o corpo do seu dono xace morto na rúa. O vehículo de emerxencias, a policía, o forense e a titular do Xulgado número 3 están a carón do cadáver, que o observa todo. Nos informativos dábanse detalles da Operación Táchira que debían estar baixo segredo de sumario. Ao tempo, un xornalista que asina como Vagalume parece disposto a todo con tal de obter información. Que se agocha detrás da vida de cadaquén? Ten iso algo que ver co sentido ético? Os personaxes desta novela presentan distintos rostros dependendo da mirada. Pero a verdade acaba por aboiar se penetramos nos seus segredos.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491216797

Idioma: Gallego

Número de páginas: 184
Tiempo de lectura:
4h 19m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 09/07/2020

Año de edición: 2020

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 1.7 cm
Peso: 263.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Luís Manuel García Mañá


LUÍS MANUEL GARCÍA MAÑÁ (Ourense, 1950), licenciado en Dereito, exerceu a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia. Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Perayo, do PEN Club de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín, a súa produción editorial como ensaísta tense centrado en temas relacionados coa Historia e o Dereito: "De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense" (1986), "La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense" (1988), "Miño: ¿Existiu unha fronteira?" (1993), "As primeiras boticas de Vigo e a arte do oficio" (1998). Quizais a súa contribución máis salientable á historiografía galega sexa o rescate da institución do Couto Mixto, pequena república que existiu entre Galicia e Tras-os-Montes ata o tratado de Lisboa de 1864, recollida no seu libro "Couto Mixto, unha república esquecida" (Xerais 2005). Como narrador, é autor das seguintes novelas: "As plumas do moucho" (1999); "O lume de Santo Antón" (Xerais, 1997), traducida ao castelán por Alianza editorial (2002); "Menino morreu" (Xerais, 2003), "O grito do Ipiranga (Xerais 2010), pertencentes á serie da que é protagonista o investigador decimonónico Nemesio Castro; "Por que as sombras non teñen ollos" (Xerais 2015) e "Non fales o que non debes" (Xerais, 2020).
Descubre más sobre Luís Manuel García Mañá
Recibe novedades de Luís Manuel García Mañá directamente en tu email

Opiniones sobre NON FALES O QUE NON DEBES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana