Unha realidade próxima, afincada nas paisaxes, anecdotas e tipos humanos da cultura tradicional. Un universo popular que alenta na memoria e na xeografía dos afectos. Un mundo vizoso, próximo e así e todo distante. Case descoñecido. Lobeira e o espazo narrativo de Xavier Senín, territorio máxico onde se desenvolve a meirande parte destas historias. A do alfaiate que ven das terras tramontanas de Portugal rodeado de misterio e que co mesmo misterio desaparece. A do cobrador da luz que percorre de a cabalo as parroquias e a do sancristán que dá concertos de campás e arroutadas de sineta no momento da consagración. A do organista que toca "Yesterday" na misa do Corpus. Un territorio no que fumega a cunca de chocolate das señoritas da vila. Onde perdura o recendo inesquecible do pan quente no forno e a onde seguen a chegar as cartas dos emigrados. Un mundo que está próximo, moito máis do que parece, e que asemade foxe de nós coma unha presada de auga entre os dedos.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498657326
Idioma: Gallego
Número de páginas: 204
Tiempo de lectura:
4h 48m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/10/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 352
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre O ALFAIATE PORTUGUES
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!