As lembranzas autobiográficas de Ángel Iglesias de Monteasnal (Trasalba) e doutras persoas coetáneas entrevistadas polo autor entre 1989 e 1991 constitúen a materia prima deste libro que nos vai levando dende a experiencia tráxica das vítimas da represión perpetrada polo secuaces da sublevación militar ata a memoria das xentes de orde que xustificaban aquel xenocidio político cometido na retagarda galega. Aparecen, tamén, as razóns ou intereses que tiñan os que mallaron, violaron e asasinaron persoas civís durante os primeiros meses da guerra. Despois, as novas autoridades institucionalizaron a represión a través dun sistema carceario e de campo de concentración que o propio Anxo de Monteasnal coñeceu ben. Non foi a única vítima desa traxedia que aparecen neste libro pois as nais, donas, mozas e fillos dos represaliados... e dos perpetradores do xenocidio desfilan polas súas páxinas. O texto elaborado por Xulio Prada sintetiza o estado da cuestión e os debates actuais entre os especialistas no estudo riguroso dese pasado incómodo que aínda é a guerra de 1936/39 e a represión franquista. As conclusións desas pescudas fornecen recursos didácticos para mellorar as competencias cívicas dos cidadáns do século XXI e contribuir á saúde democratica da nosa sociedade.
Ficha técnica
Editorial: Ir Indo
ISBN: 9788476807422
Idioma: Gallego
Número de páginas: 232
Tiempo de lectura:
5h 29m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/04/2019
Año de edición: 2019
Alto: 22.0 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre O ANXO DE MONTEASNAL
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!