📗 Libro en gallego O BANDIDO CASANOVA

Edicións Xerais - 9788483025451

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O BANDIDO CASANOVA

Nesta primeira e sorprendente obra de Hixinio Puentes reconstrúese de forma novelada a historia de Mamede Casanova, alias Toribio, o bandoleiro galego de máis sona do século XX. Mamede Casanova volve ó mundo como peoneiro nas obras do ferrocarril A Coruña-Zamora, no comezo da Segunda República, relembrando as diversas secuencias da súa historia, coma se un malfadado sino o empurrase cara a desventura para facerse presente na desesperanza. O protagonista dos feitos, que fixeron correr ríos de tinta na prensa galega da época e mesmo inspiraron a plumas famosas, narra demoradamente en primeira persoa os acontecementos da súa vida, dende o seu nacemento en Grañas do Sor, Mañón en 1883, ata que é indultado o 28 de novembro de 1928, despois de que lle fose conmutada a pena de morte pola cadea perpetua, que o levaría durante vintecinco anos de cárcere en cárcere (Santa Marta de Oritgueira, tralos primeiros roubos, o Parrote da Coruña, Santoña, Ceuta, San Miguel de los Reyes-Valencia, Figueres... Ó longo das máis de duascentas páxinas, de lectura engaiolante, o lector irá desvelando as peripecias da fuxida do bandoleiro dende os seus primeiros roubos, a morte de Manuela, a criada do cura, ata que cae na trampa que lle arma o cura do Freixo pola que é prendido. Hixinio Puentes, bo coñecedor da historia do bandoleirismo en Galicia, reconstrúe nesta obra de acción as andanzas temerarias deste Casanova en potencia, ó tempo que recrea diversos tipos humanos, a paisaxe montañesa da bisbarra de Ortigueira, o tránsito carcerario ou o aparato xudicial, dbuxados con acedos trazos e imaxes esperpénticas.O bandido Casanova é unha novela picaresca, ó xeito do Lazarillo ou o Buscón, narrada nunha prosa magnífica, onde salienta a utilización dunha lingua de raíz, enchida de xiros populares, e presencia do humor cercano, ás veces, ó de Fernández Flórez. É tamén a destacar a coidadosa reconstrucción histórica da Galicia en tránsito do Unha grande primeira novela dun narrador maduro.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483025451

Idioma: Gallego

Número de páginas: 272
Tiempo de lectura:
6h 27m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 21/07/2000

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 423.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Hixinio Puentes


Hixinio Puentes (Porto do Barqueiro, 1952) é mestre e investigou a historia do seu concello. Iniciouse na escrita con Os naufraxios da Galicia Norte (2004), Os naufraxios da Galicia Norte Volume II (2005) e La galerna de 1961 (2005). En 1999 conseguiu o accésit do Premio de Xornalismo David Fojo en A Voz de Ortigueira. Como narrador publicou O bandido Casanova (Xerais, 2000), premio Pastor Díaz 1999; Aguillóns de Ortegal (Xerais, 2005), finalista ao premio Arcebispo Juan de San Clemente; Monbars o Exterminador (Xerais, 2008), finalista do Premio Xerais en 2005 e gañadora en 2006 do IV Premio Eixo Atlántico de Narrativa; A do vinte e un (2010), Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2009 e Winnipeg (Xerais, 2013).
Descubre más sobre Hixinio Puentes
Recibe novedades de Hixinio Puentes directamente en tu email

Opiniones sobre O BANDIDO CASANOVA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana