Jaume Mirón sempre sentiu curiosidade polo lugar onde os magos agochan eses coellos que sacan rabexando dos seus sombreiros. ¿Cómo o farán? ¿Por qué non dan un chío cando os sacan polas orellas? ¿Nunca escapou ningún coello? ¿E logo por que son todos brancos? Unha chea de preguntas amoreábanselle na cabeza, polo que Jaume Mirón decidiu saber a verdade. Para conseguilo fíxose pasar por presidente dunha Asociación de Defensa dos Coellos de Sombreiro, e consegue chegar a ese misterioso lugar onde os magos gardan o seu maior segredo.Ó outro lado do sombreiro, escrita orixinalmente en catalán por Carles Cano está organizada en vintesete capítulos, tantos como letras hai no abecedario. Neste libro de aroma inequivocamente carrolliano, Carles Cano propón aos lectores que xoguen coa fantasia e coa maxia das palabras; que estean dispostos a disparar a súa imaxinación e deixarse sorprender por estes coellos secretos que se agochan ó outro lado do sombreiro, da imaxinación e da fantasía, en definitiva.
Carles Cano nació en Valencia en 1957. Tras dedicarse a varios trabajos, se licenció en Filología Valenciana e impartió clases en varios institutos de formación profesional durante cinco años. También ha trabajado en programas infantiles de la radio y televisión valencianas. Tal vez por eso sus escritos presentan una gran riqueza de imágenes visuales. Su capacidad para contar historias renueva la ensoñación de los viejos narradores -por ejemplo, las abuelas de antaño- e invita a seguir sus pasos y recuperar la antigua costumbre de contar cuentos.