O Piloto, o último guerrilleiro
(morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965)Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida.
Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súa andaina e as súas obras, separando lenda de realidade, o certo da ficción, a construción popular das actuacións da personaxe.Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figura senlleira e a súa época.
O Piloto, o último guerrilleiro é un libro de investigación novelada no que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na súa época e nassúas particulares circunstancias.
Novidoso, preciso, revelador, entretido e apaixonante, é este un traballo imprescindíbel non só para saber o certo do máis famoso dos nosos guerrilleiros senón para comprender no seu contexto a guerrilla galega, a primeira enorganizarse en todo o estado e a última en desaparecer.
Ao mesmo tempo, é unha obra polémica pois vai facer repensar e, aínda, reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifran...
Ficha técnica
Editorial: Hercules de Ediciones S.A.
ISBN: 9788494386824
Idioma: Gallego
Número de páginas: 168
Tiempo de lectura:
3h 56m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/04/2015
Año de edición: 2015
Plaza de edición: A Coruña
Alto: 24.0 cm
Ancho: 16.5 cm
Peso: 400.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre O PILOTO. O ULTIMO GUERRILLEIRO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!