📗 Libro en gallego ORALMENTE POLA BOCA

XERAIS - 9788483021583

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ORALMENTE POLA BOCA

Volve un escritor que xa demostrara tempo atrás, con imaxinación e ironía, as fendas e recantos máis escuros da nosa contemporaneidade, do que vivimos a cotío, do que imaxinamos ou daquilo que lemos nos xornais. Volve o Cid caracterizado pola contención estilística, por prescindir dos requintados e tortuosos adobíos lingüísticos, pola busca da comunicación directa e espontánea e polo procurado e consciente proveito que obtén ao artellar un discurso literario eminentemente oral que, maila a aparente sinxeleza, amosan unha coidada construcción que deriva nuns relatos coidadosamente improvisados. ¿Que vén significar, pois, este Oralmente por la Boca no corpus narrativo do autor? Estes relatos veñen insistir no afondamento dos lugares comúns que o autor adoita empregar pero, ao noso xuízo, conlevan implicitamente unha maior madureza, un chisco máis de reflexividade, unha dose máis elevada de autocrítica e vagar constructivo. Constituíndo, pois, un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades, nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por un fino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar onde está o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moi conscientemente un lector ao que se lle esixe unha participación activa, un labor de (re-) construcción, de (re-) interpretación daquilo que se relata dirixido a cubrir lagoas, indeterminacións, baleiros..., feito, ao noso xuízo, que coloca a Cid nese grupo de autores preocupados non só polo contar áxil, rápido e ben, senón por un contar que obriga a pensar e reflexionar, un valor engadido aínda pouco común. Así pois, desde esa sorte de manifesto evidencialista que prologa o volume baixo o título de �Extenuación� ata o �Agardando a Monroi�, singular exercicio de imaxinación paratextual, dispóñense un total de oito relatos que se articulan conxugando con acerto e alternativamentea primeira e terceira persoa e que constrúen atmosferas que pouco a pouco camiñan cara ao máis escuro ou o inesperado. Aí agroman personaxes dominados polas dúbidas e as veleidades do azar, pola paixón, a incerteza, a violencia, a morte e o absurdo. Un volume, en fin, que testemuña a liña progresiva e de autoesixencia adoptada polo autor. Literatura de e para adultos, desacougada, e desacougante, diante da que ninguén ha quedar in

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483021583

Idioma: Gallego

Número de páginas: 136
Tiempo de lectura:
3h 9m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/10/1997

Año de edición: 1997

Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 189.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XOSE CID CABIDO


Cid Cabido (1959) como narrador ten publicadas, entre outras, as seguintes obras: Días contados (Xerais 1991), relatos, Premio Cidade de Lugo de Narrativa; Panificadora (Xerais 1994), novela, Premio Blanco Amor de novela 1994; Oralmente pola boca (Xerais 1997), relatos; grupo abeliano (Xerais 1999), Premio Blanco Amor de novela 1999, traducida ao castelán por Alianza Editorial; Fálame sempre (Xerais 2003), relatos, Blúmsdei (Xerais 2006), novela; Unha historia que non vou contar (Xerais 2009), novela; Tres pintores (Xerais 2018), Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018 e Antón Reixa. Ghicho distinto (Xerais 2012).
Descubre más sobre XOSE CID CABIDO
Recibe novedades de XOSE CID CABIDO directamente en tu email

Opiniones sobre ORALMENTE POLA BOCA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana