📗 Libro en gallego OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA

A NOSA TERRA - 9788483412190

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA

Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas. Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece. Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.


Ficha técnica


Editorial: A Nosa Terra

ISBN: 9788483412190

Idioma: Gallego

Número de páginas: 141

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 29/04/2008

Año de edición: 2008


Especificaciones del producto



Escrito por Anxo Fariña Temprano


Anxo Fariña (Vigo, 1977). Licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro debido á súa variada obra. Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes ou en campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia, como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler, gústalle escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! En Xerais ten publicados os libros «A chave da Atlántida» (Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 e Premio Frei Martín Sarmiento 2013), a exitosa serie «Os Megatoxos» (que leva sete títulos publicados) e a serie «Gliz» para primeiros lectores (2017), así como as novelas «Horizonte de sucesos» (2016), «4 xinetes» (2017) e «Os ecos do lume» (2019). Anxo Fariña mantén o seu blog: http://megatoxos.blogspot.com/
Descubre más sobre Anxo Fariña Temprano
Recibe novedades de Anxo Fariña Temprano directamente en tu email

Opiniones sobre OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana