Os ratos da casa? é un divertido álbum para primeiros lectores sobre as peripecias dunha intrépida familia de roedores que sae do monte e chega a unha casa. Buscan aloxamento? Comida?
Non importa tanto a meta como o camiño. Encadeando
os personaxes e os elementos que actúan na trama e utilizando
a rima, ?Oli? guíanos nunha viaxe que busca novas formas
de contar historia empregando estruturas narrativas propias da nosa tradición oral e doutras culturas próximas
Ficha técnica
Traductor: 0
Ilustrador: Natalia Colombo
Editorial: Kalandraka Editora, S.L.
ISBN: 9788484649281
Idioma: Gallego
Número de páginas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 02/05/2015
Año de edición: 2015
Plaza de edición: Pontevedra
Alto: 20.0 cm
Ancho: 20.0 cm
Peso: 270.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Oli
Oli ou Xosé Manuel González Barreiro, que veñen sendo o mesmo (Cangas do Morrazo, 1961) é mestre. Tradutor e especialista en literatura infantil, foi creador da colección "O parrulo" de Ir Indo edicións, e actualmente dirixe a colección "Demademora", da editorial Kalandraka. Publicou, entre outros, os seguintes títulos: "Este é o medo" (1979), "Iria e a lúa" (Xerais, 1997), "O pirata pata de lata" (1998), "Aníbal quere encoller" (Xerais, 2001), "Leocadio e o león" (Xerais, 2009) e "O rato avó e o muraño" (Xerais, 2015).