leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego OS TRES DE NUNCA

Edicións Xerais - 9788491211389

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de OS TRES DE NUNCA

Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontado separará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria onde van entrando, saíndo e recuncando moitos outros personaxes unidos por viviren na cidade da Coruña e pola sorte de que velen por eles os trasnos, outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais. Non é este un relato sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios de Galiza, Asturies, Madrid e... París, mais non se detén nela, senón que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia, Inglaterra e sobre todo en Galiza, á marxe de toda épica, para deterse na equívoca actitude dos gobernos británicos fronte ao franquismo.É esta tamén a historia de como guerra e política transforman os seres comúns, como «unha boa persoa» chega a converterse nun infame sen dubidar que está a obrar ben, como a desidia, o medo, a preguiza e a alienación acaban por estragar os nobres ideais. A intervención do marabilloso non chega para mudar o curso da Historia cando o encadeamento dos conflitos consegue aterrorizar os propios seres diminutos que enchen os nosos campos, aldeas e cidades.Novela monumental que transita polos vieiros do memorialismo ficcionalizado, sitúa a Nacho Taibo como un dos narradores de referencia da narrativa galega de entre séculos.Entre frecuentes alusións a Castelao, a quen se homenaxea no propio título, Os tres de nunca é a historia do Bocoi, do Patacón e mais do Milorde, tres amigos ben diferentes entre si, por clase social, formación, traballo, mesmo aparencia física, aos que decontado separará a Guerra Civil. Trátase dun texto coral de estrutura fragmentaria onde van entrando, saíndo e recuncando moitos outros personaxes unidos por viviren na cidade da Coruña e pola sorte de que velen por eles os trasnos, outrora petrificados nos canzorros de todas as igrexas rurais. Non é este un relato sobre a Guerra Civil: crúzaa en escenarios de Galiza, Asturies, Madrid e... París, mais non se detén nela, senón que persegue os seus personaxes por toda a Guerra Mundial en Francia, Inglaterra e sobre todo en Galiza, á marxe de toda épica, para deterse na equívoca actitude dos gobernos británicos fronte ao franquismo.É esta tamén a historia de como guerra e política transforman os seres comúns, como «unha boa persoa» chega a converterse nun infame sen dubidar que está a obrar ben, como a desidia, o medo, a preguiza e a alienación acaban por estragar os nobres ideais. A intervención do marabilloso non chega para mudar o curso da Historia cando o encadeamento dos conflitos consegue aterrorizar os propios seres diminutos que enchen os nosos campos, aldeas e cidades.Novela monumental que transita polos vieiros do memorialismo ficcionalizado, sitúa a Nacho Taibo como un dos narradores de referencia da narrativa galega de entre séculos.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491211389

Idioma: Gallego

Número de páginas: 568
Tiempo de lectura:
13h 36m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/01/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 4.5 cm
Peso: 845.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Nacho Taibo


Nacho Taibo (Madrid, 1949) é escritor e profesor xubilado de Lingua e Literatura Galega. Como narrador deuse a coñecer en 1975 co libro de relatos Os inmortais, ao que seguiron as seguintes obras: O fotógrafo (1977), Premio Mesón do Labrego; A enquisa (1976), Premio Modesto Figueiredo do Pedrón de Ouro na súa primeira edición; Homes de ningures (1978), Premio da Crítica 1978; Calendario de brétemas mañanceiras na miña praia atlántica (1981); A semancia (Xerais, 1981); Doncos, o pacífico (1987); Informe bestiario (1991), Premio Carvalho Calero 1990; A ponliña irlandesa (1997), Por tras dos meus ollos (1999); Salvador de Occidente (2000); Flor do grelo (2008); As boas familias (2014) e Os tres de nunca (Xerais, 2016). Asina ademais diversos textos inéditos, entre eles sete novelas.
Descubre más sobre Nacho Taibo
Recibe novedades de Nacho Taibo directamente en tu email

Opiniones sobre OS TRES DE NUNCA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana