📗 Libro en gallego PANIFICADORA

XERAIS - 9788475078281

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de PANIFICADORA

Haiwort, un oficinista, é chamado por Woolite, sub-xefe de persoal dunha gran empresa, para comunicarlle as causas que o poñen fronte ó abismo do despido... O percorrido de Haiwort na busca dunha salvación, o desexo de fuxir das ataduras oficinescas ou a neceside aparente de conservar o seu postiño de traballo, a procura e o encontro do terceiro personaxe principal da novela, máis o desenlace que isto provoca, velaí o argumento de Panificadora.Cid Cabido acentúa e desenvolve o seu peculiar estilo evidencialista para poñelo ó servicio dunha dobre crítica ó que denomina Modo de Corrupción Capitalista. A voz do protagonista Haiwort, narrador da maior parte da historia, fai unha defensa consciente do ser humano e da natureza en oposición ós intereses das grandes empresas, atentas só a unha dinámica depredadora e productivista que impide ou lastra o reencontro do individuo cos demais e co seu medio natural.En palabras do crítico e profesor de filosofía Francisco Sampedro,Panificadora ás veces, discorre cinematograficamente, e de feito as alusións ás técnicas da sétima arte están presentes (soberbia a exemplificación do estupor no paralelismo entre o abre-pecha da neveira e do ascensor), pero onde penso que está unha das claves para dar conta da calidade do libro é nos mecanismos que Cid Cabido emprega na narración, e que non son outros que os mecanismos do soño: condensación e desprazamento, que son utilizados para metaforizar a condición humana no seo do que o marxismo denomina Late capitalismoEmpregando unha nomenclatura intencionada para crear un territorio narrativo despegado da realidade pero só destinado a pensala criticamente, Cid Cabido presenta, con humor corrosivo e moi coidada sonoridade da palabra, unha historia na que o principal é o ácido zume conseguido na maneira de contar.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475078281

Idioma: Gallego

Número de páginas: 144
Tiempo de lectura:
3h 21m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/05/2001

Año de edición: 1994

Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por XOSE CID CABIDO


Cid Cabido (1959) como narrador ten publicadas, entre outras, as seguintes obras: Días contados (Xerais 1991), relatos, Premio Cidade de Lugo de Narrativa; Panificadora (Xerais 1994), novela, Premio Blanco Amor de novela 1994; Oralmente pola boca (Xerais 1997), relatos; grupo abeliano (Xerais 1999), Premio Blanco Amor de novela 1999, traducida ao castelán por Alianza Editorial; Fálame sempre (Xerais 2003), relatos, Blúmsdei (Xerais 2006), novela; Unha historia que non vou contar (Xerais 2009), novela; Tres pintores (Xerais 2018), Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018 e Antón Reixa. Ghicho distinto (Xerais 2012).
Descubre más sobre XOSE CID CABIDO
Recibe novedades de XOSE CID CABIDO directamente en tu email

Opiniones sobre PANIFICADORA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana