Entre 1961 e 1992, Xosé Neira Vilas viviu e traballou en Cuba, dedicando máis de vinte anos a estudar a presenza diversa da nosa colectividade emigrante naquel fermoso país. Achegouse aos obreiros e artesáns das cidades; aos carboeiros, aos campesiños e aos traballadores do azucre; aos mineiros do cobre e do manganeso; aos cultivadores de café das montañas orientais; aos pescadores de esponxas de Batabanó e aos mariñeiros que arriscaban a vida perseguindo chernas, pargos e outras especies no Golfo de México. Soubo tamén das asociacións mutualistas, culturais e recreativas. Soubo do noso Himno e da Bandeira e da Academia, que naceron na Habana. E da incorporación de moitos emigrantes ás loitas independentistas e ás loitas sociais; e dos homes e mulleres que se dedicaron á música, á pintura, á literatura... Todo isto e máis pode atoparse nas páxinas do presente libro, escrito con moito amor e moito oficio.Entre 1961 e 1992, Xosé Neira Vilas viviu e traballou en Cuba, dedicando máis de vinte anos a estudar a presenza diversa da nosa colectividade emigrante naquel fermoso país. Achegouse aos obreiros e artesáns das cidades; aos carboeiros, aos campesiños e aos traballadores do azucre; aos mineiros do cobre e do manganeso; aos cultivadores de café das montañas orientais; aos pescadores de esponxas de Batabanó e aos mariñeiros que arriscaban a vida perseguindo chernas, pargos e outras especies no Golfo de México. Soubo tamén das asociacións mutualistas, culturais e recreativas. Soubo do noso Himno e da Bandeira e da Academia, que naceron na Habana. E da incorporación de moitos emigrantes ás loitas independentistas e ás loitas sociais; e dos homes e mulleres que se dedicaron á música, á pintura, á literatura... Todo isto e máis pode atoparse nas páxinas do presente libro, escrito con moito amor e moito oficio.
Ficha técnica
Traductor: Xosé Manuel García Crego
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499140803
Idioma: Gallego
Número de páginas: 184
Tiempo de lectura:
4h 19m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/03/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 282.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...