Para converterse en ninja fai falla concentración, coraxe e decencia.Eu non teño nada diso. Pero son o mellor!Se non liches as anteriores aventuras de Kururo, estaraste a preguntar: por que diaños é invencible Kururo? Porque posúe o brazalete máxico, que lle permite desbloquear toda clase de poderes, como vidas infinitas, invulnerabilidade, superforza, bólas de lume, visión láser...Vaia, xa pillas a idea. Kururo e Pai-Lán, despois das súas últimas esgotadoras aventuras, gañaron uns días de vacacións. Atopámolos en pleno cruceiro a bordo do barco do capitán Sharky-Kan. Pero, un momento: non será este o temible e temido pirata do mar Baltitolo? Está claro que a convivencia será un desastre: Kururo apropiarase do barco e arrastrará á tripulación a unha disparatada aventura na busca da mítica pizza gratis.