TECNOLOXIAS DAS COMUNICACIONS: UNHA VISION DESDE GALICIA

XERAIS - 9788483028384

Tecnología e industria

Sinopsis de TECNOLOXIAS DAS COMUNICACIONS: UNHA VISION DESDE GALICIA

Neste volume ofrécese unha visión panorámica das tecnoloxías, servicios e redes que fan posible o asentamento da Sociedade da Información, enmarcada nunha percepción positiva, sen renunciar ó san escepticismo, do impacto destas tecnoloxías na sociedade, e da súa incidencia no futuro de Galicia. Non hai reto máis importante para un país a día de hoxe que incorporarse con plenitude a esta nova sociedade que as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) están transformando acelerada e imparablemente.Domingo Docampo, rector da Universidade de Vigo é Catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións na ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións, analiza o proceso de maduración das tecnoloxías da información e as comunicacións e o seu impacto sobre a sociedade Galega. Unha análise rigorosa e divulgativa na que se abordan aspectos como o desenvolvemento da rede Internet, o valor social da información e a identificación da infofauna, o mundo da fibra óptica, as tecnoloxías para as comunicacións móbiles, os accesos vía satélite, as tecnoloxías da fala, as políticas de desregulación das telecomunicacións, o comercio electrónico, as características dos servicios (telefonía fixa, servicios móbiles e interactivos), o estado das redes institucionais e privadas en Galicia… O volume remata cunha reflexión sobre as posibilidades de Galicia na carreira dixital e na sociedade do coñecemento, formulando unha serie de propostas concretas dirixidas a estreitar a fenda dixital como reto de Galicia cara ao futuro.Para o profesor Docampo Galicia xógase moito na carreira dixital xa que nos vindeiros anos haberá que tomar importantes decisións nos ámbitos públicos e privados que contribúan a acelerar a incorporación plena de Galicia da Sociedade da Información. Tecnoloxías das comunicacións quere animar o debate actual sobre o impacto das TIC para lograr o maior grao de participación posible no deseño de estratexias que axuden a conformar o futuro da nosa

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483028384

Idioma: Castellano

Número de páginas: 160

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/07/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Vigo
Peso: 241.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por DOMINGO DOCAMPO


Domingo do Campo. Universidad de Vigo.
Descubre más sobre DOMINGO DOCAMPO
Recibe novedades de DOMINGO DOCAMPO directamente en tu email

Opiniones sobre TECNOLOXIAS DAS COMUNICACIONS: UNHA VISION DESDE GALICIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana