📗 Libro en gallego TODA A VIDA

Edicións Xerais - 9788497823753

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de TODA A VIDA

En Toda a vida, seguimos a historia de Mar Deus e Telmo Andrade, unha parella de vellos amantes que sosteñen o seu amor sobre a traizón, na atmosfera moral dun tempo de posguerra que conspira contra a entrega física, aínda que non pode evitar que se dean a alma desde o seu primeiro encontro. Á fin, a súa firmeza ao longo de cinco décadas acaba redimíndoos na plenitude do derradeiro ano das súas vidas. Estas páxinas seguen, tamén, a relación probable, e á vez incerta, de Camilo Dubra e Caetana Nariga, unha parella de mozos de hoxe; para eles, que si poden gozarse, a proba á que os somete o seu tempo é a do descompromiso, que parece unha enfermidade sen cura. Unha novela extraordinaria que propón unha travesía emocionante entre os territorios do amor e do desamor na procura dunha luz non convocada. Unha grande obra de madurez que confirma, indiscutiblemente, a Luís Rei Núñez como un dos novelistas maiores do noso tempo.En Toda a vida, seguimos a historia de Mar Deus e Telmo Andrade, unha parella de vellos amantes que sosteñen o seu amor sobre a traizón, na atmosfera moral dun tempo de posguerra que conspira contra a entrega física, aínda que non pode evitar que se dean a alma desde o seu primeiro encontro. Á fin, a súa firmeza ao longo de cinco décadas acaba redimíndoos na plenitude do derradeiro ano das súas vidas. Estas páxinas seguen, tamén, a relación probable, e á vez incerta, de Camilo Dubra e Caetana Nariga, unha parella de mozos de hoxe; para eles, que si poden gozarse, a proba á que os somete o seu tempo é a do descompromiso, que parece unha enfermidade sen cura. Unha novela extraordinaria que propón unha travesía emocionante entre os territorios do amor e do desamor na procura dunha luz non convocada. Unha grande obra de madurez que confirma, indiscutiblemente, a Luís Rei Núñez como un dos novelistas maiores do noso tempo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497823753

Idioma: Gallego

Número de páginas: 384
Tiempo de lectura:
9h 9m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/11/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 2.8 cm
Peso: 563.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Luís Rei Núñez


Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) ten toda a súa obra narrativa publicada en Xerais: «Expediente Artieda» (Premio Xerais de Novela, 2000), «A estrela dos polisóns» (2003), «Toda a vida» (2005), «O señor Lugrís e a negra sombra» (Premio da Crítica Española e Premio Irmandade do Libro, 2007), «Monte Louro» (Premio Blanco Amor, 2009), «Cita en Fisterra» (2011), «Días que non foron» (2013), «O encargo do señor Castelao» (2016) e «Matarán a Reboiras» (2022). En Xerais apareceu tamén a biografía «Rafael Dieste. O libre pensamento» (2019). Como poeta é autor de «A rolda invisible» (1988), «A casa na brétema» (1994), «Alma mareira» (2003), «Estrela do norte» (Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, 2014) e «As sílabas do mundo» (2021). Tamén é autor do volume de entrevistas «Oficio de escribir» (1990) e da colección de ensaios «Poetas Andantes Navegantes» (1995). Fotografía do autor: ©Alba Sotelo
Descubre más sobre Luís Rei Núñez
Recibe novedades de Luís Rei Núñez directamente en tu email

Opiniones sobre TODA A VIDA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana