leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego UNHA NACIÓN NO MUNDO: A RAZÓN RESISTENTE (1480-2010)

A razón resistente (1480-2010)

Edicións Xerais - 9788491214687

Historia local de España Ciudades y provincias

Sinopsis de UNHA NACIÓN NO MUNDO: A RAZÓN RESISTENTE (1480-2010)

O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas. Na segunda, «A nación política contemporánea», estima o sucedido entre 1810 e 2010, nos inicios do século XXI. Para o autor, malia ter padecido no Antigo Réxime unha dominación perversa, Galiza mantivo os seus recursos vitais e a personalidade diferenciada. Á altura de 1800 contaba coa capacidade precisa para participar nas transformacións da Revolución Industrial. Era o país máis populoso entre os da Península e das Illas. No tempo contemporáneo o Estado español negou a identidade histórica e cultural do país; eliminou a Xunta do Reino; forzou unha emigración dramática e marxinou as actividades económicas do país galego, provocando unha gravísima caída demográfica. Malia todo, manifestando a «fortaleza dunha sociedade asaltada», en canto caeu a Ditadura franquista e participou na UE, a sociedade galega respirou. Pendente a superación do grave problema demográfico, conta cunha economía desenvolvida e particularmente exportadora. Nación pola historia, o vigor económico e social e a extensión universal da lingua propia, partillada con múltiples países, é quen de asumir o autogoberno como nación, como nación no mundo.O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas. Na segunda, «A nación política contemporánea», estima o sucedido entre 1810 e 2010, nos inicios do século XXI. Para o autor, malia ter padecido no Antigo Réxime unha dominación perversa, Galiza mantivo os seus recursos vitais e a personalidade diferenciada. Á altura de 1800 contaba coa capacidade precisa para participar nas transformacións da Revolución Industrial. Era o país máis populoso entre os da Península e das Illas. No tempo contemporáneo o Estado español negou a identidade histórica e cultural do país; eliminou a Xunta do Reino; forzou unha emigración dramática e marxinou as actividades económicas do país galego, provocando unha gravísima caída demográfica. Malia todo, manifestando a «fortaleza dunha sociedade asaltada», en canto caeu a Ditadura franquista e participou na UE, a sociedade galega respirou. Pendente a superación do grave problema demográfico, conta cunha economía desenvolvida e particularmente exportadora. Nación pola historia, o vigor económico e social e a extensión universal da lingua propia, partillada con múltiples países, é quen de asumir o autogoberno como nación, como nación no mundo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491214687

Idioma: Gallego

Número de páginas: 736
Tiempo de lectura:
17h 39m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 31/01/2019

Año de edición: 2019

Plaza de edición: Es

Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 4.0 cm
Peso: 957.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Camilo Nogueira


Camilo Nogueira Román (Vigo 1936), enxeñeiro e economista, é un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego. Presidente da Asociación Cultural de Vigo nos anos sesenta, contribuíu a fundar o sindicalismo galego e a estruturar o nacionalismo como organización política entre os anos sesenta e noventa. Foi deputado no Parlamento de Galicia, desde os seus inicios (1981-1993) e desde 1997 a 1999, facendo compatible o traballo político co profesional. Foi concelleiro no Concello de Vigo e membro do Parlamento Europeo na lexislatura 1999-2004. Autor dunha extensa obra ensaística e política publicou en Xerais: O poder industrial en Galicia (en colaboración con Luís Soto e Xan L. Facal) (Xerais 1980), A memoria da nación I. O reino de Gallaecia (Xerais 2001), primeiro volume do seu vasto proxecto de interpretación da historia política de Galicia titulado A memoria da nación, A terra cantada (Xerais 2006), Para unha crítica do españolismo (Xerais 2012) e Unha nación no mundo (Xerais 2019).
Descubre más sobre Camilo Nogueira
Recibe novedades de Camilo Nogueira directamente en tu email

Opiniones sobre UNHA NACIÓN NO MUNDO: A RAZÓN RESISTENTE (1480-2010)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana