Anxela Loureiro presenta no seu primeiro libro, Viaxe de ida e volta, a aventura dun caracol que sae do seu habitat natural e entra en contacto co mundo dos humanos, e sofre diferentes aventuras, nese mundo hostil para el, ata que recupera a tranquilidade volvendo ó seu medio natural. Fol era un caracol feliz, que nunca pensara en viaxar, ata que un día alguén cortou a leituga onde vivía e comezou unha grande aventura. Dende ese momento pasou por moitas situacións altamente perigosas: dende esquiva-la fervenza que producía a billa, altar dunha bolsa de lixo en marcha ou caer na tea dunha araña ata soporta-las lambetadas dunha cadela. Anque, sen dúbida, quen máis medo lle impoñía eran uns enormes seres chamados persoas. Novela ben artellada, escrita con axilidade, en base a capítulos curtos, abundacia de diálogo, sinxeleza e riqueza de linguaxe, que os lectores de nove anos en diante poderán ler dunha sentada. As ilustracións de Enjamio realzan un magnífico texto, cheo de humor e fantasía.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475079899
Número de páginas: 88
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 20/05/2001
Año de edición: 2000
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Merlin
Merlin
Especificaciones del producto
Escrito por Ánxela Loureiro
Ánxela Loureiro Fernández iniciouse no mundo da literatura con obras de teatro infantil, pero cultivou varios xéneros literarios. En narrativa publicou Ota quere voar (Xerais, 2003), co que acadou os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento; Viaxe de ida e volta (Xerais, 1996); Choiva de ras (Xerais, 2018); Laia, a nena da illa (Xerais, 1998) e Camiño perigoso (Xerais, 2002, Xerais, 2021), os dous últimos finalistas do Premio Merlín. É autora tamén de numerosos poemas e cancións reflectidas en libros didácticos e discos e escribiu o guión cinematográfico de Bruxarías, nominada á mellor película de animación nos Premios Platino 2017. Ademais, colaborou na elaboración de libros de texto e material didáctico como Cancións para o ano (Xerais, 1995). Co libro Voces da memoria con ollos de muller (2019) mergúllase no mundo da investigación recuperando os relatos de mulleres que formaron parte da loita antifranquista en Ferrol.