Mol e Fol son dous caracois que viven felices nunha pequena horta, ata que un día alguén colle a leituga pola que eles andaban e provoca a súa separación. Un verme axuda a Fol a escapar de ir dereito ó lixo, pero ó fuxir rompe a cuncha. Por sorte cae nas mans de Andrea, unha rapaza amante dos animais. Pero Antón, o seu irmán maior, non lle dá tanta confianza, e de novo Fol anda a fuxir. Desta vez cae nunha arañeira, e aínda que nun principio a araña se enfada con el, acaban facéndose amigos. Axudándose entre os dous, conseguen saír ó xardín dende a casa de Andrea e Antón. Alí por fin atopará de novo a Mol.Mol e Fol son dous caracois que viven felices nunha pequena horta, ata que un día alguén colle a leituga pola que eles andaban e provoca a súa separación. Un verme axuda a Fol a escapar de ir dereito ó lixo, pero ó fuxir rompe a cuncha. Por sorte cae nas mans de Andrea, unha rapaza amante dos animais. Pero Antón, o seu irmán maior, non lle dá tanta confianza, e de novo Fol anda a fuxir. Desta vez cae nunha arañeira, e aínda que nun principio a araña se enfada con el, acaban facéndose amigos. Axudándose entre os dous, conseguen saír ó xardín dende a casa de Andrea e Antón. Alí por fin atopará de novo a Mol.
Ficha técnica
Ilustrador: Luís Castro Enjamio
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497820653
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 31/10/2003
Año de edición: 2003
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante
Alto: 10.0 cm
Ancho: 5.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 1000.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Ánxela Loureiro
Ánxela Loureiro Fernández iniciouse no mundo da literatura con obras de teatro infantil, pero cultivou varios xéneros literarios. En narrativa publicou Ota quere voar (Xerais, 2003), co que acadou os premios Lecturas e Frei Martín Sarmiento; Viaxe de ida e volta (Xerais, 1996); Choiva de ras (Xerais, 2018); Laia, a nena da illa (Xerais, 1998) e Camiño perigoso (Xerais, 2002, Xerais, 2021), os dous últimos finalistas do Premio Merlín. É autora tamén de numerosos poemas e cancións reflectidas en libros didácticos e discos e escribiu o guión cinematográfico de Bruxarías, nominada á mellor película de animación nos Premios Platino 2017. Ademais, colaborou na elaboración de libros de texto e material didáctico como Cancións para o ano (Xerais, 1995). Co libro Voces da memoria con ollos de muller (2019) mergúllase no mundo da investigación recuperando os relatos de mulleres que formaron parte da loita antifranquista en Ferrol.