Ulises, un excursionista extraviado no bosque, sinte tres arrepíos, que lle impiden articular palabra, cando coñeceu a tres anciáns que padecen unha condena insoportable. Un estraño engado percorre o xardín do Pazo de Galdán desque alí apareceu o corpo de dona Arminda. Nai e filla deambulaban pola tenda baixo a atenta mirada da dependenta, que observaba sen disimulo os gustos tan dispares das dúas mulleres. Aquel condutor tiña un problema, freara o coche en seco e saltara correndo cara aos servizos do bar como se o perseguise unha fera rabiosa. A vida de Héctor e da súa compañeira mudou cando a iguana chegou á súa casa.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497824699
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Tiempo de lectura:
3h 44m
Encuadernación: Tapa blanda con solapas
Fecha de lanzamiento: 24/10/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Es
Peso: 254.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Uxía Casal
Uxía Casal (Santiago de Compostela, 1957) ten publicadas as obras para o público infantil Un ano de fábula e catro estacións (1993) e As ás de Xenoveva (1998). Para adultos publicou Saturno tamén é deus (1997), relatos; O faro de Arealonga (Xerais 2001), novela; Sede en Ourense (2005), novela; e Vidas exemplares (Xerais 2006), relatos de terror.