📗 Libro en gallego VIGO POR MAGAR III. NOVAS INSTANTANEAS E RETRATOS DA VIDA VIGUESA (1960-2007)

Novas instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2007)

Edicións Xerais - 9788497826884

Fotografía Fotógrafos

Sinopsis de VIGO POR MAGAR III. NOVAS INSTANTANEAS E RETRATOS DA VIDA VIGUESA (1960-2007)

Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citröen, a das pescantinas do Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores, un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citröen, a das pescantinas do Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores, un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497826884

Idioma: Gallego

Número de páginas: 288

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 04/12/2007

Año de edición: 2007

Plaza de edición: Es

Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES

Alto: 27.9 cm
Ancho: 24.6 cm
Grueso: 2.6 cm
Peso: 1471.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Magar


Manuel García Castro «Magar» (1935) é fotografo. Traballou en «Faro de Vigo» dende 1961 ata a súa xubilación en 2000. Posúe un dos máis valiosos arquivos fotográficos sobre a cidade de Vigo, durante as últimas catro décadas do século XX. Parte do seu traballo está publicado nos volumes «Vigo por Magar. 40 anos en branco en negro» (Xerais 2002), «Vigo por Magar II. Instantáneas e retratos da vida viguesa» (1960-2004) (Xerais 2004) e «Vigo por Magar III. Novas instantáneas e retratos da vida viguesa» (1960-2007) (Xerais 2007).
Descubre más sobre Magar
Recibe novedades de Magar directamente en tu email

Opiniones sobre VIGO POR MAGAR III. NOVAS INSTANTANEAS E RETRATOS DA VIDA VIGUESA (1960-2007)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana