📗 Libro en gallego VOCES CEIBES

XERAIS - 9788475075853

Música Compositores e interpretes

Sinopsis de VOCES CEIBES

Voces Ceibes é, ante todo unha historia de amor. A un país, a unha lingua, á xente que tentaba derrubar, con cancións ou a croiazos, os muros que debuxaban a silueta dunha patria perseguida.Pero Voces Ceibes quere ser ademais, como o grupo de cantantes comprometidos que dá nome ao libro, o testemuño crítico dun tempo no que non todo estaba tan claro. Aínda que o estivese.Porque as historias de amor levan tamén o seu pouso de veleno (iso que chamamos desamor), Vicente Araguas non ten complexos en mollar a súa pluma en tons nada suaves para poñer o dedo na chaga. Aínda que ao remate quede, entre améndoas acedas, un cheiriño a caraveis. Un fondo sonoro cheo de cancións e de cantantes que veñen sendo o retablo colorista dun tempo ruín, no que a existencia discorría en branco e negro.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475075853

Idioma: Gallego

Número de páginas: 226

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/05/2001

Año de edición: 1991

Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Vicente Araguas


Vicente Araguas (Xuvia-Neda, Coruña, 1950) é un corredor de fondo da literatura galega, poeta, narrador, tradutor e crítico. Escribe a diario unha columna de opinión en Diario de Ferrol, que se complementa con sección dominical en El Correo Gallego que lle ten valido o Premio Reimóndez Portela de xornalismo. Recolleu a súa poesía enteira no volume Maneiras de querer (2006), ao que seguiu Xuvia revisitada (2008). Como narrador publicou as novelas Agora xa foi (2000) e A canción do verán (2001)e o libro de relatos Xuvia-Neda (Xerais 2010). Activista cultural, tradutor, ensaísta e cantautor belixerante, publicou en Xerais Crónica Voces Ceibes (1991), relato da historia do grupo homónimo do que fora cofundador, e do que anuncia a vindeira continuación, con O que non contei en Voces Ceibes. Vicente Araguas é Fillo Predilecto do Concello de Neda.
Descubre más sobre Vicente Araguas
Recibe novedades de Vicente Araguas directamente en tu email

Opiniones sobre VOCES CEIBES


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana