Contén CD. Quince de outubro , 1936, na saída de Baiona cara a Baredo, na altura da Bombardeira, nove veciños do Val Miñor son asasinados nunha máis das cruentas matanzas que naqueles meses asolaron o noso país nunha guerra de exterminio planificada. A memoria das súas mortes escribiu unha das máis fermosas páxinas de resistencia. Durante décadas mans anónimas e populares riscaron sobre as areas da beira da estrada nove cruces, realizadas cun trazo de urxencia. O lugar sería dende aquela coñecido como A VOLTA DOS NOVE. En outubro de 2005, sesenta e nove anos despois, o INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS e a Comisión de Familiares promoveu a realización dunha homenaxe escultórica no mesmo lugar dos feitos. Unha árbore fundida en bronce rodeada de loureiros, a árbore dos heroes, é o bosque escultura que ideou FERNANDO CASÁS para a ocasión. Editorial: Instituto de Estudos Miñoranos.
Ficha técnica
Editorial: Autor-editor
ISBN: 9788461205011
Idioma: Gallego
Número de páginas: 87
Tiempo de lectura:
1h 58m
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 18/04/2008
Año de edición: 2008
Especificaciones del producto
Opiniones sobre VOLTA DOS 9 (INCLUE CD-DVD)
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!