Sinopsis de XEOGRAFIA REAL E MITICA DAS AUGAS DE GALICIA
Gonzalo de Francisco, autor tamén da guía Orientarse pola Ribeira Sacra. Viaxe ao interior editada por Baía Edicións, salienta na introdución do presente ensaio, subtitulada Recrearse nas lindeiras acuáticas. Viaxe ao Alén, que a costa galega, orixinal pola súa especial configuración en innumerables cabos, rías, areais, xunqueiras, acantilados e baías resulta especialmente propicia neste encontro da terra e o mar, do sólido e o líquido, do concreto e o difuso, do aquén e o alén. Hoxe constitúe o espazo máis humanizado do país e desde o remoto pasado foi lugar de contacto do propio e o foráneo da mesma maneira que o camiño a Compostela propiciou a fusión e mestura de circunstancias diversas nun froito que foi sempre enriquecedor. Trátase de regresar a esa zona sutil, aparentemente tan coñecida, para obter a ánima exacta do presente, entendida no duplo sentido de momento actual pero tamén de regalo, que non debe ser desbotado sen interese nin sentimento.
(...)A contemplación do acuático leva á sensación do líquido, e a auga e as súas manifestacións van ser protagonistas da obra. Nela están recollidos símbolos universalmente compartidos, sobradamente do amor espiritual e carnal e outros aspectos que dan sentido ao título deste limiar que tamén marca un límite e unha porta franca para acceder ao coñecemento impor...
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788492630424
Idioma: Gallego
Número de páginas: 520
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 06/04/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Baía Ensaio
Baía Ensaio
Especificaciones del producto
Opiniones sobre XEOGRAFIA REAL E MITICA DAS AUGAS DE GALICIA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!