É graduado en Xornalismo. En 2018 publica a novela «A noite do corvo» e, en 2019, «A noite do lobo», Premio Illa Nova de Narrativa. Con «Liliam Strawberry e o paxaro da morte» (2023) é finalista do Premio Merlín 2022. Dous anos despois, gaña o Premio García Barros coa novela «A noite do oso» e mais o Premio Merlín de Literatura Infantil con «Milú e o edificio das persoas extraordinarias» (Xerais, 2024).
Recibe novedades de Abel Tomé directamente en tu email
Milú vive coa súa nai na cidade de Parisia, no edificio Les Marginaux, onde todos os nenos que o habitan posúen un don que os fai extraordinarios. O don de Milú é contruír soños. Coa escusa de que o edificio esta estartelado, as autoridades mandan un aviso para que se desaloxen as vivendas canto antes. Pero Milu e os outros nenos e nenas teñen un plan para tentar evitar que os expulsen dos seus fogares. Unha luminosa fabula social sobre o poder da imaxinacion infantil para soñar un mundo mellor. O optimismo e a fantasia propios da infancia convertense nesta historia nun antidoto contra a intolerancia e o odio, e fan posible o milagre de transformar en tenrura, audacia, amor, humor e esperanza a traxica realidade que padecen a diario multitude de persoas, vitimas das grandes desigualdades do mundo.